CONCURSO
Noa Sampedro reúne nunha postal de Nadal a modo de graffiti os símbolos de Vimianzo
A súa obra será a imaxe do Concello para felicitar aos veciños

Noa Soto, coa alcaldesa e a concelleira, amosando a postal gañadora. / Cedida
Noa Soto Sampedro e á autora da postal gañadora do Concurso infantil de postais de Nadal de Vimianzo, que será empregada como imaxe do Concello para felicitar estas datas a todos os veciños e veciñas.

Os nenos e nenas premiados coa alcaldesa, a concelleira e a técnica de Cultura. / Cedida
Noa conseguiu o galardón cunha proposta a modo de graffiti na que se poden visualizar algúns dos elementos máis característicos do municipio: o castelo e o lume son protagonistas, pero tamén se ve o cepo de Nadal, un patín en homenaxe á pista de xeo, os agasallos e a bóla de Nadal...
As diferentes propostas presentadas poderanse ver na Sala de Exposicións Antón Mouzo da Casa da Cultura. A concelleira responsable desta área, Rosa Blanco, destacou "a ampla participación no concurso, que cada ano nos mostra o alto nivel creativo e artístico que temos en Vimianzo" e felicitou e agradeceu a todos os pequenos e pequenas a súa participación.
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- Galicia se congela con el aire polar: un nuevo frente de frío, nieve y granizo llega para comenzar la semana
- Los sindicatos del transporte solicitan reunirse con la patronal: «Agardamos unha proposta seria»
- La transformación del conector central de Santiago: 22 equipos presentan sus propuestas y solo 5 pasarán a la final
- Impresionante chalet de obra nueva a las puertas de Santiago: diseño, eficiencia y naturaleza en un entorno privilegiado
- Polémica en Santa Marta por una obra autorizada junto a un hórreo centenario: «Estamos co medo de que se nos veña todo abaixo»
- Herida una joven al chocar contra un muro y otro coche en Boqueixón
- La periodista estrella de TVE visita Santiago: Silvia Intxaurrondo llega invitada por la Fundación Araguaney