Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

URBANISMO

O estudio LCG Arquitectura deseñará o edificio de entidades sociais de Carballo

Jorge García e Fernando Eiroa gañaron o concurso convocado

Imaxe virtual da fachada do futuro centro de entidades sociais de Carballo.

Imaxe virtual da fachada do futuro centro de entidades sociais de Carballo. / Cedida

Carballo

O concurso, convocado polo Concello de Carballo en colaboración do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), para o deseño do edificio para entidades sociais xa ten gañadores. O xurado, integrado por representantes do Concello, o COAG e a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, escolleu a proposta presentada por Jorge García Anta e Fernando Eiroa Lorenzo, do estudio coruñés LCG Arquitectura, por considerar que integra a solución máis "atractiva, sustentable e cunha funcionalidade destacable".

O alcalde, Daniel Pérez, cuarto esquerda, cos arquitectos gañadores, terceiro e quinto.

O alcalde, Daniel Pérez, cuarto esquerda, cos arquitectos gañadores, terceiro e quinto. / Cedida

En concreto, o xurado valorou de xeito especial a proposta para o centro de día, situado en planta baixa e con acceso directo desde a praza, así como a boa relación do edificio co espazo público. Outro aspecto positivo é que o deseño inclúe todos os usos previstos sen esgotar a edificabilidade e facilita, ademais, a execución do proxecto en dúas fases.

Imaxe virtual do futuro centro de entidades sociais de Carballo.

Imaxe virtual do futuro centro de entidades sociais de Carballo. / Cedida

O estudo gañador será o adxudicatario do contrato de servizos para a redacción do proxecto e a dirección de obra por un importe de 205.880 euros, dos cales recibirá a conta os 9.680 euros establecidos para o primeiro premio.

Vista virtual do interior do futuro centro carballés.

Vista virtual do interior do futuro centro carballés. / Cedida

O segundo premio, cunha contía de 7.260 euros, foi para Tomás Montis Sastre (Palma de Mallorca); e o terceiro e o cuarto, dotados con 4.840 euros, corresponderon aos equipos formados por David Serrano Amatriain, Maier Vélez Olabarría (ambos de MID estudio de Pamplona) e como colaborador o arquitecto coruñés Roi Salgueiro Barrio, e por Manuel Fernández Catalina e Jesús de los Ojos Moral, de Oa estudio de Valladolid, respectivamente. En total presentáronse 37 ideas.

Tracking Pixel Contents