SERVIZOS
O Pino destinará ao SAF os 93.778 euros do POS+ Adicional para gasto social
O pleno aprobou o proxecto da senda peonil de Regas ata o cruce de Casal

Pleno da Corporación municipal do Pino. / JUAN MARTINEZ
Redacción
O Concello do Pino destinará ao Servizo de Axuda no Fogar os 93.778,69 euros que lle corresponden do POS+ Adicional para gastos sociais extraordinarios. Esta partida servirá para rebaixar os 243.257,76 euros que ten reservado o goberno municipal para financiar o SAF.
O Pino ten unha partida de 591.257,12 € no orzamento de 2026 para o referido servizo. A estimación municipal é que se prestarán un máximo de 25.072 horas para atender a veciñanza que ten recoñecida a dependencia, tal e como figuraban na licitación deste servizo.
Do orzamento total, o Concello recibirá unas 300.864 euros da Xunta e outros 47.135 do copago que fan as persoas usuarias. Salvo que o Goberno autonómico incremente os 12 euros/hora que paga actualmente, como se prevé que ocorra en 2026, o SAF supón para o Concello un desembolso de 243.257,76 euros anuais.
En base ao informe realizado polos Servizos Sociais, o goberno que preside Manuel Taboada propúxolle ao pleno destinar os 93.778,69 euros do POS+ adicional para gasto social extraordinario a financiar unha parte da aportación que fai o Concello para o SAF. A proposta foi aprobada por unanimidade.
O pleno tamén aprobou o proxecto para construír unha senda peonil de Regas ata o cruce de Casal (118.158,35 €).
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia
- Nueva jornada de huelga de buses urbanos: Santiago, sin servicios mínimos
- David Uclés, premio San Clemente: 'Estoy muy unido a Santiago y a sus bibliotecas
- Santiago afronta este viernes una nueva jornada de huelga de buses
- Licitan por 12,8 millones el mantenimiento de las instalaciones hospitalarias en Santiago
- Reurbanización de Santiago de Chile: o proxecto piloto para mudar o Ensanche
- La macrofiesta más esperada del carnaval gallego está en área y ya tiene fechas: 'Un viaje musical apoteósico