Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SEGURIDADE

O PP demanda máis Garda Civil e Policía Local para Costa da Morte

Paula Mouzo, deputada e concelleira, di que "hai sensación de seguridade"

Paula Mouzo, deputada autonómica e voceira do PP en Camariñas.

Paula Mouzo, deputada autonómica e voceira do PP en Camariñas. / Cedida

Camariñas

O grupo municipal do Partido Popular de Camariñas insiste a través da súa voceira, Paula Mouzo, na necesidade de incrementar o número de efectivos da Policía Local e da Garda Civil para terminar "coa sensación de inseguridade que existe entre a veciñanza", afirma.

Xa hai máis dun ano, os populares de Camariñas levaron ao pleno unha moción –que recibiu os votos en contra do executivo local e do BNG- para impedir o desmantelamento da Garda Civil que, ao seu xuízo, "o Goberno Central está a levar, principalmente, nas zonas rurais".

Nesta ocasión, Mouzo puxo sobre a mesa os incidentes que se produciron no municipio durante as últimas semanas, "nos que un mozo recibiu unha brutal malleira e un vehículo resultou calcinado debido a un lume provocado".

Servizos mínimos

"Por moito que algúns miren para outro lado, é unha realidade que Costa da Morte, en xeral, e Camariñas, en concreto, carecen dos servizos mínimos que se necesitan para garantir a seguridade dos veciños que vivimos nesta comarca", denunciou Mouzo.

Nesta liña, explicou que a falta de efectivos da Policía Local e da Garda Civil fai que durante moitos momentos do día e, sobre todo, da noite, a Costa da Morte "queda desprotexida fronte a delincuentes que controlan, saben e coñecen con exactitude onde están os poucos efectivos que traballan nos nosos municipios.

Ante esta situación, a voceira dos populares en Camariñas apuntou que seguirá reclamando máis efectivos. “Seguimos sin entender os motivos polos que non se apoia a nosa demanda. Desde o PP temos claro que é un asunto o suficientemente importante como para estar de brazos cruzados”, concluíu Mouzo.

Tracking Pixel Contents