CONVENIO
Paso adiante para transformar a antiga lonxa de Camariñas nun Museo dos Naufraxios
A Deputación da Coruña aportará 330.000 euros para as obras

Valentín González e Sandra Insua asinaron o convenio na Deputación da Coruña. / D. C.
O presidente da Deputación, Valentín González, e a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, asinaron o convenio para financiar as obras de reforma da envolvente exterior da antiga lonxa e da sala de exposicións Beti Donosti, edificio no que se ubicará o futuro Museo dos Naufraxios da localidade. O investimento ascende a 430.000 euros, dos que a Deputación achega 330.000 €, mentres que o Concello asume o resto.
A actuación permitirá recuperar un edificio emblemático situado no peirao do Curbeiro, actualmente en estado de abandono tras décadas sen uso nin mantemento, e constitúe o primeiro paso para a posta en valor dun espazo público chamado a converterse nun referente cultural vencellado á memoria mariñeira e aos naufraxios da Costa da Morte.
Valentín González destacou que «este convenio é un exemplo do compromiso da institución provincial coa recuperación do patrimonio público e coa dinamización cultural dos concellos da Costa da Morte».
A alcaldesa subliñou que «falamos dun edificio que forma parte da memoria colectiva de Camariñas e hoxe damos un paso decisivo para facer realidade o Museo dos Naufraxios»
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- La periodista estrella de TVE visita Santiago: Silvia Intxaurrondo llega invitada por la Fundación Araguaney
- Galicia se congela con el aire polar: un nuevo frente de frío, nieve y granizo llega para comenzar la semana
- Los sindicatos del transporte solicitan reunirse con la patronal: «Agardamos unha proposta seria»
- La transformación del conector central de Santiago: 22 equipos presentan sus propuestas y solo 5 pasarán a la final
- Impresionante chalet de obra nueva a las puertas de Santiago: diseño, eficiencia y naturaleza en un entorno privilegiado
- Polémica en Santa Marta por una obra autorizada junto a un hórreo centenario: «Estamos co medo de que se nos veña todo abaixo»
- Herida una joven al chocar contra un muro y otro coche en Boqueixón