Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Unha mostra repasa a historia e o patrimonio etnográfico de Bugallido

A través de once paneis plantexa unha viaxe polo pasado da parroquia, desde as súas orixes castrexas e a romanización ata o medievo e a época contemporánea

Pola esquerda, Natividade González, Anxo Doval e Blas García, na inauguración da mostra.

Pola esquerda, Natividade González, Anxo Doval e Blas García, na inauguración da mostra. / Cedida

Ames

O centro cultural Mahía (Ames) acolle desde o sábado a exposición dedicada ao patrimonio histórico e etnográfico de Bugallido e que ofrece un percorrido polos máis de dous mil anos de historia desa parroquia.

Está composta por 11 paneis de gran formato que convidan a realizar unha viaxe polo pasado de Bugallido, desde as súas orixes castrexas e a romanización ata o medievo e a época contemporánea. A mostra aborda tamén aspectos da vida tradicional como a igrexa, a emigración, o ensino, a vivenda tradicional, os ríos, as fontes, etc.

O alcalde, Blas García, subliñou o compromiso do Concello coa conservación e difusión do patrimonio cultural do municipio.

Natividade González, deputada de Cultura da Deputación da Coruña, puxo en valor a importancia de apoiar iniciativas culturais vencelladas ao territorio e á identidade local.

Anxo Doval, promotor da mostra e representante dos colectivos de Bugallido, eloxiou o traballo común para divulgar a memoria histórica da parroquia.

A mostra pode visitarse ata o 11 de xaneiro, os martes en horario de 19.00 a 21.00 horas, e sábados e domingos de 12.00 a 14.00 horas. Trátase dunha oportunidade única para achegarse ás raíces históricas e etnográficas de Bugallido e coñecer mellor a evolución da súa comunidade ao longo dos séculos.

Tracking Pixel Contents