O Xeodestino Terras de Santiago estrea o seu propio canal turístico de televisión
Ofrece información sobre os servizos e a axenda de actividades de Ames, A Baña, Boqueixón, Brión, Negreira, Padrón, Rois, Santa Comba, Teo, Val do Dubra e Vedra

O Xardín Botánico de Padrón é un dos reclamos turísticos do Xeodestino Terras de Santiago / CEDIDA
Os once concellos que integran o Xeodestino Terras de Santiago promocionarán os seus atractivos e a súa axenda de actividades a través do seu propio canal turístico de televisión, que xa está dispoñible nas casas consistoriais, as oficinas de turismo e os locais de equipamento público de Ames, A Baña, Boqueixón, Brión, Negreira, Padrón, Rois, Santa Comba, Teo, Val do Dubra e Vedra.
Estas televisións emiten de forma continuada información sobre os lugares de interés do xeodestino, cun atractivo sistema de carátulas diferenciadoras que proporcionarán unha información sinxela, útil e directa.

Unha das pantallas instaladas, neste caso, na casa consistorial de Brión / CEDIDA
Así, tanto os visitantes como os veciños desas once localidades poderán ter información sobre as actividades lúdicas, culturais e sociais que se desenvolvan nos concellos do xeodestino, o que dinamizará tamén o sector turístico da contorna, tanto aloxamentos como restaurantes ou empresas de actividades turísticas.
Deste xeito, o Xeodestino Terras de Santiago avanza nos obxectivos de dixitalización recollidos no seu Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD).
A iniciativa é froito dun convenio de colaboración asinado o pasado mes de xullo entre o xeodestino e as distintas localidades, polo que Terras de Santiago se comprometeu a dotar os municipios das pantallas e do equipamento necesario para poñer en marcha o sistema. Pola súa banda, os concellos comprometéronse a achegar toda a información precisa para que se difunda de forma axeitada.
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago
- Un nuevo robo de oro en Trazo amplía la ola de asaltos de la Banda del Volvo
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia