Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Casa-Museo de Rosalía celebra o concerto de Sofía Espiñeira este venres

Está definidida como unha artesá de cancións, creadora e artista multidisciplinar

A gala chegará a partir as 19.00 horas no auditorio da vivenda de Rosalía na Matanza

Unha actuación desenvolvida por Sofía Espìñeira, que vai actuar en Padrón

Unha actuación desenvolvida por Sofía Espìñeira, que vai actuar en Padrón / S.E.

Padrón

A Casa-Museo de Rosalía de Castro despide o ano, como xa é tradición, cun concerto de Nadal, que desta volta terá lugar este venres 26 de decembro ás 19.00 horas no auditorio da Casa en Padrón. E estará a cargo de Sofía Espiñeira.

Definida como «unha artesá de cancións, creadora e artista multidisciplinar», as súas composicións de Espiñeira combinan o latexo das músicas do mundo coas melodías de autora máis espidas. Presenta agora o seu novo disco, 'Xeografías', un relato que fala de travesías utópicas, de raíces, de fronteiras e éxodos; temas universais que atravesan dende o máis íntimo ata o comunitario e o político.

Tracking Pixel Contents