SANIDADE
Recollen sinaturas na Laracha para ter consultas médicas polas tardes
O BNG di que "é unha promesa incumprida dende hai anos"

Centro de salud de A Laracha. / Héctor Santos-Díez
O BNG da Laracha impulsou unha campaña informativa e de recollida de sinaturas para demandar que o centro de saúde conte con consultas médicas en horario de tarde.
Denuncian que A Laracha «é o único concello de máis de 10.000 habitantes da área sanitaria da Coruña e Cee que aínda non ofrece consultas de tarde».
A portavoz nacionalista Carolina Castiñeiras asegura que «esta é unha promesa electoral incumprida polo PP dende hai anos, e malia que o BNG levou a proposta ao pleno xa en 2019 e presentou emendas reiteradas aos Orzamentos da Xunta, a resposta sempre foi negativa alegando falta de persoal».
Os nacionalistas sinalan que a campaña, que ten como lema Asina! para que A Laracha teña consultas de tarde, «non é só unha cuestión de xustiza, senón unha necesidade práctica por tres motivos fundamentais».
Subliñan que é necesaria para favorecer a conciliación laboral e familiar, xa que «evitaría que moitas persoas teñan que pedir días de permiso ou agardar ás vacacións para poder acudir ao médico». Ademais, din, permitiría reducir as listas de agarda porque «máis persoal e máis horas axudarían a desconxestionar o servizo», e serviría para optimizar recursos, «pois as instalacións xa existen, só falta dotalas do persoal necesario», conclúe Castiñeiras.
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia
- Oleada de robos: 'Queda la luz encendida para que parezca que hay gente en casa
- Nuevo corte de tráfico en Santiago: una céntrica calle del Ensanche estará cerrada este sábado