AXUDAS
Zas outorga 180 bolsas a estudantes por valor de 29.100 euros
É o concello da Costa da Morte que máis inviste por habitante

O Concello de Zas orzamenta 30.000 euros para bolsas para estudantes. / Cedida
O Concello de Zas destinará 29.100 euros a bolsas para estudantes locais. Serán ingresadas directamente nas contas das persoas beneficiarias nos vindeiros días, conforme ao procedemento establecido, facilitando así que o apoio económico «chegue no momento no que máis se precisa».
O alcalde, Manuel Muíño, asegura que Zas consolídase así como «o concello da Costa da Morte que máis fondos inviste por habitante neste tipo de axudas». Cunha poboación actual de 4.199 habitantes, o investimento municipal supera os 6,9 euros por veciño, «reforzando unha política clara de apoio á educación, á cultura e aos servizos sociais», subliña.
Do total das bolsas concedidas, 15 corresponden a estudos universitarios, cun importe de 360 euros cada unha; 31 a Bacharelato e ciclos superiores, de 180 euros; 68 a alumnado de ESO e ciclos medios, de 150 euros; e 66 a Educación Primaria, cunha axuda de 120 euros.
Muíño Espasandín, destaca que «este esforzo económico amosa que a educación é unha prioridade absoluta para este goberno. Apostar polas bolsas é apostar pola igualdade de oportunidades e por aliviar a carga económica das familias, sen deixar a ninguén atrás». Subliña tamén que «unha xestión responsable permítenos investir nas persoas e no futuro».
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- Galicia se congela con el aire polar: un nuevo frente de frío, nieve y granizo llega para comenzar la semana
- Los sindicatos del transporte solicitan reunirse con la patronal: «Agardamos unha proposta seria»
- La transformación del conector central de Santiago: 22 equipos presentan sus propuestas y solo 5 pasarán a la final
- Impresionante chalet de obra nueva a las puertas de Santiago: diseño, eficiencia y naturaleza en un entorno privilegiado
- Polémica en Santa Marta por una obra autorizada junto a un hórreo centenario: «Estamos co medo de que se nos veña todo abaixo»
- Herida una joven al chocar contra un muro y otro coche en Boqueixón
- La periodista estrella de TVE visita Santiago: Silvia Intxaurrondo llega invitada por la Fundación Araguaney