ARTE
Carballo incorpora ao patrimonio local duascentas obras artísticas de Manuel Facal
O legado inclúe pinturas, gravados, esculturas, debuxos e libros

O artista Manuel Facal faleceu o 6 de abril de 2024. / C. Carballo
O desexo do pintor, gravador e escultor Manuel Facal, falecido o 6 de abril de 2024, farase realidade o vindeiro sábado, coa incorporación ao patrimonio do Concello de Carballo de case 200 das súas obras artísticas.
Unha incorporación que se materializa «unha vez formalizados todos os aspectos legais», segundo subliñan dende o Concello. Dúas herdeiras do artista carballés formalizarán o acordo.
«Ese era o desexo que tiña manifestado o creador carballés, pero o seu inesperado falecemento, e todos os trámites que foi preciso facer posteriormente, impediron que se cumprise a súa vontade ata agora», subliñan dende o Concello carballés.
O acordo, que se formalizará nun acto que terá lugar o sábado, día 27 ás 12.00 horas, inclúe tanto a adquisición coma a doazón das obras, entre as que figuran pinturas, gravados, debuxos, libros de autor e esculturas.
Posta en valor
O alcalde carballés, Daniel Pérez López e as herdeiras do artista asinarán na alcaldía o documento que pon fin a todo o proceso legal «e abrirá o de posta en valor dese legado, para o cal xa se están a realizar diferentes xestións», subliñan.
Manuel Facal Ponte, que faleceu con 80 anos, levou a súa obra a diversos lugares do mundo, e participou en exposicións colectivas de pintura, gravado e escultura. Formou parte do Grupo Atlántica, que durante a década dos anos 80 reactivou a plástica galega.
En Carballo deixou o seu selo a través de diversas esculturas que se poden contemplar en zonas como A Ponte da Pedra, o Fórum e o polígono de Bértoa.
As negociacións para a cesión de parte do seu legado artístico ao Concello carballés xa comezaran antes do seu falecemento, e a intención era naquel momento crear un museo na casa familiar do artista.
Homenaxe aberta
Despois da sinatura, representantes municipais e familiares de Manuel Facal Ponte achegaranse ata o edificio no que residiu o artista para renderlle unha modesta homenaxe nun acto aberto a toda a veciñanza.
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- Galicia se congela con el aire polar: un nuevo frente de frío, nieve y granizo llega para comenzar la semana
- Los sindicatos del transporte solicitan reunirse con la patronal: «Agardamos unha proposta seria»
- La transformación del conector central de Santiago: 22 equipos presentan sus propuestas y solo 5 pasarán a la final
- Impresionante chalet de obra nueva a las puertas de Santiago: diseño, eficiencia y naturaleza en un entorno privilegiado
- Polémica en Santa Marta por una obra autorizada junto a un hórreo centenario: «Estamos co medo de que se nos veña todo abaixo»
- Herida una joven al chocar contra un muro y otro coche en Boqueixón
- La periodista estrella de TVE visita Santiago: Silvia Intxaurrondo llega invitada por la Fundación Araguaney