ESPÍAS NO BOSQUE
Do Caurel a Zas: O Apalpador visita a aldea de Carreira
Senda Nova guiará ao carboeiro nun roteiro polo pobo

O Apalpador volta este sábado á aldea de Carreira, en Zas. / Cedida
O programa Espías no Bosque, promovido pola asociación Senda Nova e financiado pola Deputación da Coruña, pecharase esta sábado, día 27, na aldea de Carreira, en Zas.
Alí recibirán ao carboeiro do Courel. O Apalpador descenderá dende as montañas de Pico de Meda acompañado da súa comitiva ao rematar a tarde e recibirá aos nenos e nenas de Zas e concellos de arredor na lareira do local da Asociación de Veciños o Santiaguiño de Carreira que, como o Concello de Zas, colaboran na iniciativa. A tarde estará amenizada polo grupo de gaitas Churía.
O carboeiro do Courel traerá sorpresas para os nenos e nenas, ademais de mensaxes de protección e respecto pola natureza. «O Apalpador ten un coñecemento moi grande do medio natural ao vivir nun entorno rural con amplos bosques autóctonos. Coñece coma ninguén os animais do bosque e as plantas autóctonas que dan vida aos espazos naturais do Courel», subliñan dende Senda Nova.
Coñecemento da natureza
Na taberna da asociación de veciños impartiranse obradoiros de coñecemento da natureza para os máis pequenos e, paralelamente, haberá unha visita guiada pola aldea para aprender sobre etnografía e arquitectura desta zona da Costa da Morte. A visita rematará no Museo do Liño de Carreira, propiedade da entidade veciñal.
- Chisco Lema, veterinario experto en lobo: 'Hay manadas especializadas en cazar perros
- Apagón en Santiago: una avería deja sin luz a 2.700 vecinos de Santiago
- Accidente múltiple en la AP-9 a la altura de San Lázaro: uno de los heridos, hospitalizado en la UCI
- Batería de accidentes con heridos por el granizo: tres en la autovía de Brión y dos en Padrón
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- Otra huelga de buses sin servicios mínimos: 'Se pasa a indefinida haberá días que haxa nenos que non poidan ir a clase”
- Evitas el estrés del aparcamiento': el proyecto de dos vecinos de Milladoiro para compartir coche en los trayectos a Santiago
- Borrasca 'Ingrid': ¿Nevará en Santiago de Compostela este viernes?