SERVIZOS
Dous millóns de inversión e 3.000 veciños máis con saneamento en Coristanco
No 2026 o Concello impulsará cinco novos proxectos

O 60% da veciñanza de Coristanco dispón xa de servizo de saneamento. / Cedida
Tras 13 actuacións e investimentos en instalacións, redes separativas e adquisición de parcelas por un importe superior aos 2 millóns de euros, o Concello de Coristanco logrou achegar o servizo de saneamento a máis de 3.000 veciños e veciñas do municipio.
Ata o ano 2019, "Coristanco carecía dunha estratexia definida para a xestión do saneamento, tal e como se desprendía das campañas de control de verteduras, ao existir máis de 40 puntos sen ningunha estación depuradora (EDAR) operativa nin autorizada ata esa data", subliñan dende o goberno local.
A situación de partida, engaden, caracterizábase pola presenza de tubaxes con verquido directo aos ríos, instalacións sen conectar localizadas en fincas privadas sen autorización e unha ausencia total de permisos administrativos, ao que se sumaban continuas sancións por parte de Augas de Galicia derivadas desta mala planificación.
Estacións depuradoras
Ante este escenario, e tendo en conta a competencia municipal nesta materia, o Concello priorizou os investimentos nesta materia. Así, no 2020 púxose en funcionamento a EDAR de Portoquintáns, que dá servizo a 600 habitantes, cun investimento de 43.000 euros; no 2022 entrou en funcionamento a EDAR de Vilaverde, que presta servizo a outros 600 habitantes, cun investimento de 50.000 euros; e no 2023 construíuse a EDAR de San Paio, que dá servizo a 700 habitantes, cun investimento de 267.000 euros.
Neste mesmo ano actuouse tamén sobre as EDAR de Conles, Canal, Miñata e Currás, cun investimento de 58.000 euros, beneficiando a 827 habitantes, e no 2024 destináronse 148.000 euros á EDAR de Traba para a súa posta en funcionamento.
No que respecta a 2025 incorporáronse dúas novas EDAR, unha no lugar de A Varela, na parroquia de Traba, e outra en Piñeiro, parroquia de Ferreira, que dan servizo a 93 habitantes, cun investimento conxunto de 211.000 euros. Así mesmo, este ano licitáronse as obras para as novas EDAR de Nogueira, Rodeiro e Podrizo, así como o bombeo de Carantos, que darán servizo a 250 habitantes, cun investimento de 258.000 euros.
"O conxunto destas actuacións permitiu achegar o servizo de saneamento a 3.120 habitantes, logo dun investimento en instalacións de tratamento de máis de 1.000.000 euros", sinalan dende o goberno local.
Redes separativas
En paralelo executáronse redes separativas en Miñata, Avda. Erbecedo, Ponte Pequena, Xaviña, Agualada, Montecelo e Oca, imprescindibles para o normal funcionamento das EDAR. Para regularizar o servizo foi preciso mercar parcelas no Canal, Nogueira, Rodeiro, Podrizo, Verdes, Montecelo, Costa do Carrizal, San Paio e no Parque Empresarial.
Na actualidade, o Concello traballa no contrato do servizo para o mantemento e conservación das instalacións de saneamento e depuración. Tamén se recolle a elaboración das pertinentes analíticas e a súa remisión a Augas de Galicia.
De cara ao ano 2026, o Concello pretende executar cinco novos proxectos: Verdes, Costa do Carrizal, Rabadeira, e o do Parque Empresarial e Vieite; que darán servizo a 950 habitantes cun investimento previsto de 1.050.000 euros.
O alcalde, Juan Carlos García, destacs que as melloras no saneamento son "unha prioridade" xa que se trata "dun servizo esencial. Ao ser obras que quedan soterradas baixo terras moitas veces non se lles dá a importancia que merecen, pero son fundamentais. Grazas ao esforzo realizado nos últimos anos, logramos que arredor do 60% da poboación conte con este servizo".
- Vientos huracanados, lluvias persistentes y descenso de la cota de nieve: el temporal sacude a Galicia esta semana
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- El final de una bonita historia: la joven que buscaba a una pareja de ancianos de Santiago localiza a su hija
- No es spam: todo lo que debes saber del mensaje masivo del Sergas y el virus respiratorio sincitial
- Galicia protege a la última pareja que cría en la península de un singular pájaro