RECICLAJE
Luz verde a unha planta de valorización de residuos da construción en Muxía
Promovida por Ecodaisan SL, ubicarase no lugar de Senande

La planta estima procesar más de 4.400 toneladas al año. / Geo Innova
A Xunta emitiu declaración de impacto ambiental (DIA) favorable sobre unha planta de valorización de residuos da construción e demolición (RCD) e almacenamento doutros materiais semellantes no concello de Muxía.
A resolución está condicionada a que se cumpran tanto o recollido no estudo de impacto ambiental e no resto da documentación avaliada, como os condicionantes e o programa de vixilancia que figuran na propia DIA.
Así consta na resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, que conclúe que, tendo en conta todo o anterior, esta iniciativa empresarial, promovida por Ecodaisan SL, é ambientalmente viable.
O promotor, Ecodaisan SL, pretende habilitar unha parcela no lugar de Senande para a clasificación, limpeza e valorización de residuos de construción e demolición de orixe industrial ou urbana.
A finca conta cunha superficie de preto de 50.000 metros cadrados, dos que se utilizarán algo máis de 20.000 metros cadrados para o desenvolvemento da actividade, deixando o resto da superficie para exercer de pantalla vexetal. De feito, aproveitando a vexetación actual busca minimizarse o impacto visual das instalacións no núcleo de Senande e outros lugares de interese na contorna.
Más de 4.400 toneladas anuales
A capacidade normal de valorización da planta estímase en 4.480 toneladas ao ano e a máxima en 25.000 toneladas anuais. A instalación estará distribuída en distintos espazos para a descarga e selección de RCD mesturados, de almacenamento de residuos e das fraccións separadas procedentes da selección, para residuos bituminosos, para residuos inertes limpos previos á trituración, de triturado e criba, de almacenamento de áridos reciclados, de depósito de materiais naturais escavados e unha zona habilitada para oficinas e aseos.
A DIA foi elaborada no marco do procedemento de avaliación de impacto ambiental ordinaria do proxecto, un trámite no que a documentación presentada polo promotor foi sometida a participación pública, co resultado de sete organismos consultados e sen que se recibira ningunha alegación ao expediente.
Froito das consultas realizadas, os informes emitidos realizaron a valoración correspondente e estableceron unha serie de condicionantes que se engaden aos incluídos no propio programa de vixilancia ambiental que recolle a resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade.
Sen impactos significativos
Neste sentido, todos os organismos consultados consideran que o proxecto non vai ter impactos significativos nos distintos eidos analizados e que sería viable a súa posta en marcha sempre que se cumpra con certos condicionantes establecidos nos seus respectivos informes con relación a aspectos tales como a protección da atmosfera, poboación e saúde; de augas e leitos fluviais; do patrimonio cultural; do solo e infraestruturas, xestión de residuos; protección da fauna, vexetación, hábitats, espazos protexidos e outros valores naturais; ante accidentes graves ou catástrofes, así como integración paisaxística e restauración.
Unha vez emitida esta declaración, que non exime ao promotor da obriga de obter todas as autorizacións, licenzas, permisos ou informes que resulten legalmente exixibles para poder desenvolver o proxecto, remitirase a resolución ao órgano substantivo e daráselle publicidade a través do Diario Oficial de Galicia e da páxina web da Consellería.
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Oleada de robos: 'Queda la luz encendida para que parezca que hay gente en casa
- Nueva jornada de huelga de buses urbanos: Santiago, sin servicios mínimos