VERTEDURA
Aparecen trinta sacos de escombros tirados nunha pista da Laracha
A Policía Local abriu unha investigación para identificar aos responsables

Os sacos foron atopados á beira dunha pista na parroquia de Soandres. / C. Laracha
O Concello da Laracha detectou unha nova vertedura ilegal de lixo nunha pista forestal da parroquia de Soandres, concretamente entre os núcleos de Vista Alegre e Santa Baia. No lugar localizáronse arredor de trinta sacos de escombro «que foran depositados de maneira totalmente incívica e contraria á normativa vixente», denuncian.
A Policía Local xa iniciou as correspondentes investigacións para tratar de identificar ás persoas responsables desta actuación.
O Concello «lamenta os feitos, xa que este tipo de comportamentos poden supoñer un grave prexuízo para o medio ambiente».
Lembran á cidadanía que existe un punto limpo municipal, de uso totalmente gratuíto, situado no Formigueiro, ao que se deben levar os residuos domésticos que non poden depositarse nos contedores habituais para ser tratados de maneira legal e responsable.
O horario de apertura do referido punto limpo é: luns, de 15.00 a 20.00 horas; mércores e venres, de 16.00 a 20.00 horas; e os sábados, de 9.00 a 14.00 horas.
Unha obriga colectiva
Dende o goberno larachés, que preside José Manuel López Varela, fan un chamamento á responsabilidade cidadá, lembrando que «a correcta xestión dos residuos é unha obriga colectiva e fundamental para a protección do noso entorno natural e para manter o municipio en condicións adecuadas de limpeza e seguridade».
- Chisco Lema, veterinario experto en lobo: 'Hay manadas especializadas en cazar perros
- Apagón en Santiago: una avería deja sin luz a 2.700 vecinos de Santiago
- Accidente múltiple en la AP-9 a la altura de San Lázaro: uno de los heridos, hospitalizado en la UCI
- Batería de accidentes con heridos por el granizo: tres en la autovía de Brión y dos en Padrón
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- Otra huelga de buses sin servicios mínimos: 'Se pasa a indefinida haberá días que haxa nenos que non poidan ir a clase”
- Evitas el estrés del aparcamiento': el proyecto de dos vecinos de Milladoiro para compartir coche en los trayectos a Santiago
- Borrasca 'Ingrid': ¿Nevará en Santiago de Compostela este viernes?