EQUIPAMENTOS
O novo coche da Polícia de Malpica conta cun kit para controlar posibles vertidos
Foi adquirido cunha axuda de 30.000 € da Xunta de Galicia

Miguel Fernández, esquerda, Eduardo Parga e Natalia Prieto supervisando o vehículo. / X. G.
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou Malpica, onde foi recibida polo alcalde, Eduardo Parga, para comprobar as prestacións do vehículo eco destinado á Policía Local que foi adquirido co apoio da Xunta,, que aportou máis de 30.000 € no marco das axudas do Fondo de Compensación Ambiental (FCA).
Trátase dun vehículo tipo SUV de cinco prazas, con tecnoloxía híbrida e etiqueta ECO. Segundo explicou Natalia Prieto, «quérese así favorecer o aforro enerxético ao tempo que se protexe a contorna natural, xa que a dotación conta cun kit de tomas ambientais para controlar posibles vertidos».

A directora xeral co alcalde, tenente de alcalde e policías locais en Malpica. / X. G.
Nesta liña, sinalou que os obxectivos do Fondo de Compensación Ambiental, dotado con 11,2 millóns de euros este ano e que incrementa o orzamento a 11,4 millóns en 2026, son o impulso á sustentabilidade e á eficiencia enerxética das infraestruturas e equipamentos municipais. Apóstase tamén polas accións dirixidas á conservación da biodiversidade, o fomento do coñecemento e da utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais, e a recuperación do medio natural degradado ou contaminado, entre outras.
A directora xeral enmarcou o apoio da Xunta a estas actuacións no compromiso coas administracións locais, como entidades máis próximas á cidadanía. Así, lembrou que o Concello de Malpica recibiu nos últimos anos preto de 1,3 millóns de euros a través de diversas liñas autonómicas específicas para os concellos.
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- Nueva jornada de huelga de buses urbanos: Santiago, sin servicios mínimos
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia
- David Uclés, premio San Clemente: 'Estoy muy unido a Santiago y a sus bibliotecas
- Aire polar, temperaturas bajo cero y fuertes heladas: Galicia se prepara para un fin de semana gélido
- Un vehículo volcado y ardiendo deja tres heridos y obliga a cortar la AP-9 en dirección Santiago
- Santiago afronta este viernes una nueva jornada de huelga de buses