OBRAS
Zas fará máis accesible e funcional a Praza do Campo
A Corporación aprobou a Relación de Postos de Traballo

Praza do Concello de Zas. / Cedida
O Concello de Zas aprobou a Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal municipal, logo dun proceso de negociación sindical no que participou Comisiones Obreras, no marco dun diálogo aberto ao conxunto das organizacións sindicais con representación, que foron formalmente convidadas a tomar parte nas negociacións.
«O proceso permitiu avanzar cara un modelo organizativo máis moderno, adaptado ás necesidades actuais do Concello e aos retos de futuro», subliñan dende o goberno local.
A Corporación zaense tamén acordou participar no POS+ Adicional da Deputación Provincial da Coruña, co obxectivo de levar a cabo o proxecto de renovación e mellora da accesibilidade da Praza do Campo, en Zas, cun orzamento total de 685.223,39 euros, que inclúe tamén a correspondente achega municipal e a colaboración da Xunta de Galicia.
Permitirá modernizar e mellorar a súa accesibilidade, funcionalidade e adaptación ás necesidades da veciñanza.
O alcalde, Manuel Muíño, explicou que «con estas decisións seguimos a traballar nun dobre eixo fundamental: dotar ao Concello dunha estrutura de persoal moderna e ben organizada, e impulsar investimentos estratéxicos que melloren os espazos públicos e a calidade de vida dos veciños e veciñas».
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- Galicia se congela con el aire polar: un nuevo frente de frío, nieve y granizo llega para comenzar la semana
- Los sindicatos del transporte solicitan reunirse con la patronal: «Agardamos unha proposta seria»
- La transformación del conector central de Santiago: 22 equipos presentan sus propuestas y solo 5 pasarán a la final
- Impresionante chalet de obra nueva a las puertas de Santiago: diseño, eficiencia y naturaleza en un entorno privilegiado
- Polémica en Santa Marta por una obra autorizada junto a un hórreo centenario: «Estamos co medo de que se nos veña todo abaixo»
- Herida una joven al chocar contra un muro y otro coche en Boqueixón
- La periodista estrella de TVE visita Santiago: Silvia Intxaurrondo llega invitada por la Fundación Araguaney