Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Concello de Zas garante o servizo de Correos en Baio

Habilitou un novo local xunto ao centro sociocultural

O Concello de Zas habilitou un novo local xunto ao centro sociocultural.

O Concello de Zas habilitou un novo local xunto ao centro sociocultural. / Cedida

Zas

O Concello de Zas garante que Baio seguirá contando cun servizo de Correos, evitando que a veciñanza teña que desprazarse a outros municipios para realizar as súas xestións.

A xubilación da actual funcionaria –propietaria do local de Correos– prevista para o 31 de decembro, podería ter provocado a perda deste servizo. En apenas 15 días desde que se recibiu o aviso, o Concello habilitou un novo local xunto ao centro sociocultural de Baio, que conta coas instalacións necesarias para que a oficina poida operar.

O novo espazo manterá o mesmo horario de atención que ata agora, de 8.30 a 11.30 horas. Estará en funcionamento a partir do 5 de xaneiro.

O alcalde, Manuel Muíño, destacou que «foi unha prioridade para nós asegurar que Baio non perdese un servizo tan esencial. Sabemos o importante que é para os nosos veciños».

Tracking Pixel Contents