POLÍTICA MUNICIPAL
O orzamento máis "alto e ambicioso" de Carballo: 37,6 millóns de euros
A oposición fala de "continuismo" e "modelo esgotado"

Sesión plenaria na que se aprobou o orzamento de Carballo. / Cedida
O Concello de Carballo contará en 2026 cun orzamento de 37,6 millóns de euros, o "máis alto e ambicioso" da historia municipal, segundo o alcalde, Daniel Pérez. Unhas contas que, engadiu, terán un "impacto transformador" e van "marcar o futuro dos próximos anos".
A concelleira de Facenda, Belén Lendoiro, destacou que é un orzamento "realista e prudente" no que "non se tocan nin impostos nin taxas" grazas á capacidade do Concello "de xerar ingresos propios" por valor de máis de 17 M€. Subliñou ademais a "ben medida" política fiscal sinalando que "é das máis baixas dos concellos do tamaño de Carballo".
Crédito para proxectos EDUSI
Despois de varios anos, o Concello solicitará un crédito de 889.318 euros para facer fronte á aportación municipal dos fondos EDUSI. "É un credito medido e moi prudente", subliñou Lendoiro. Sinalou ademais que o orzamento "aposta por seguir reforzando a prestación de servizos públicos de calidade".
Non obstante, as contas non convencen á oposición. A portavoz do PSOE, María Carmen Vila, sinalou que "en Carballo rematou a autonomía financieira e volvemos ao endebedamento por non xerar aforro suficiente, e ese diñeiro que se deixa de investir nos veciños irá ás entidades financieiras".
Acusou ademais ao goberno local de facer "máis fincapé no entorno urbano que no rural, e estase creando un Carballo a dúas velocidades".
Lorenzo: "Carballo merece máis"
Pola súa banda, o voceiro do PP, Rubén Lorenzo, afirmou que estas contas "consolidan un modelo esgotado, baseado en inflar o gasto corrente e vivir das transferencias externas, renunciando a unha planificación seria de investimentos". Dixo asemade que "a metade do que venden é o que fan" e "Carballo merece máis".
Xosé Regueira, portavoz do BNG, rexeitou as críticas sinalando que "algo debemos estar facendo ben cando a sociedade carballesa sigue confiando no continuismo deste goberno". Subliñou que Carballo "é un concello eminentemente inversor" e afirmou que o orzamento é "esperanzador e histórico".
Máis de 200 € por habitante
O alcalde, Daniel Pérez, pediu á oposición "medir máis a crítica" e subliñou o investimento de "202 euros por habitante" que se contempla nas contas de 2026, ao tempo que defendeu a búsqueda "dun equilibrio entre o urbano e o rural".
Finalmente, o orzamento foi aprobado cos votos dos concelleiros do grupo de goberno (BNG), a abstención dos edís do PSOE e o voto en contra do PP.
- Vientos huracanados, lluvias persistentes y descenso de la cota de nieve: el temporal sacude a Galicia esta semana
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- No es spam: todo lo que debes saber del mensaje masivo del Sergas y el virus respiratorio sincitial
- Galicia protege a la última pareja que cría en la península de un singular pájaro
- Santiago contará con dous novos radares: un estable no Restollal e un novo no túnel do Hórreo
- Santiago se rendirá a la magia de 'Reinventio' el 17 de enero: así puedes conseguir invitaciones
- Lavacolla se pone en obras: cuenta atrás para el cierre total del aeropuerto de Santiago