Malpica mellora os accesos aos núcleos de Loroxo, Algadán, Campelo e A Xesteira
As actuacións foron financiadas pola Deputación da Coruña, con 126.256 euros, e pola Xunta, con 76.000

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, dereita, supervisando unha das actuacións. / Cedida
O Concello de Malpica vén de rematar as obras de mellora do firme dos accesos aos núcleos de Loroxo e Algadán, situados na parroquia de Cerqueda, unha actuación que permite optimizar a seguridade viaria e as condicións de tránsito nestas vías de uso diario para a veciñanza.
Os traballos consistiron na rehabilitación do pavimento, solucionando o deterioro existente e garantindo unha circulación máis cómoda e segura, especialmente en épocas de choiva e maior desgaste do firme.
Esta actuación contou cun investimento total de 126.256,99 euros e está incluída no POS+ Adicional 2/2024, dentro do plan de cooperación cos concellos da Deputación da Coruña.
Dende o Concello de Malpica destácase a importancia deste tipo de intervencións, "que contribúen a mellorar as infraestruturas básicas no rural e a calidade de vida da veciñanza, reforzando o compromiso municipal coa conservación e mantemento da rede viaria en todas as parroquias do municipio".
Por outra banda, o Concello mellorou os camiños municipais do Campelo e A Xesteira, cun investimento de máis de 76.000 euros.
Estas actuacións están incluídas no Plan de Camiños Rurais 2025-2026 da Xunta de Galicia, un programa destinado a reforzar as infraestruturas viarias no medio rural e a garantir unhas comunicacións máis seguras e eficientes para a veciñanza.
Os traballos realizados permitiron mellorar o estado do firme, incrementar a seguridade viaria e facilitar o acceso ás vivendas e parcelas destas zonas, contribuíndo así á mellora da calidade de vida da poboación e ao mantemento do territorio.
- Un restaurante compostelano se cuela entre los favoritos de los españoles para comer en 2025
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- Susto en la urbanización teense de Augas Mansas por un vecino atrincherado en casa
- El lobo mata tres perros en el rural de Santiago: 'La gente no quiere salir al monte
- Buscan «parejas reales» en Santiago para participar en lo que parece la nueva serie de época de Vaca Films
- Comer 'por menos de 6 euros': tres restaurantes de Santiago que adoran los estudiantes
- Luto en la TVG y la Radio Galega por la muerte de la periodista Mabel Montes
- Drones y puertas marcadas en Ames: ¿‘modus operandi’ de la Banda del Volvo?