Arzúa, O Pino, Ames e Lalín agardan xa polos Reis trala San Silvestre padronesa
Percorrerán a capital do Deza sobre cinco carrozas de luces, e haberá recepcións festivas
Máis de cincocentos deportistas 'tomaron' a vila de Rosalía na súa colorida carreira

Recepción aos Reis Magos o ano pasado no Pino / Concello
As súas Maxestades de Oriente xa se albiscan polo horizonte, e os principais concellos da comarca preparan desfiles e recepcións para agasallalos... sempre que o tempo acompañe. Este é o caso de Lalín, onde percorrerán o casco urbano con cinco carrozas de luces o luns dende as 19.30 h., para recibir aos nenos na Aldea dos Reis Magos. Ademais, repartirán entre a rapazada e asistentes 500 quilos de caramelos sen glute mercados no comercio local.
En Ames visitarán as parroquias pola mañá, e o Milladoiro e Bertamiráns dende as 17.00 e 19.00 horas, respectivamente, rematando con festas nos pavillóns locais, con rosca e chocolate (tamén o luns).
Pola súa banda, dende o departamento de Cultura do Concello de Arzúa informan de que a esperada Cabalgata de Reis chegarán este luns ás 16.30 h. da tarde, primeiro nunha visita ás persoas maiores da Residencia San Xosé e, unha hora máis tarde, arrincará o desfile acompañado por un grupo de animación e por paxes a cabalo en colaboración coa Asociación O Estribo que conducirán o percorrido ata rematar no Multiusos Terra do Queixo, onde se fará a recepción e darán agasallos.
Celebracións
Do mesmo xeito, este luns, 5 de xaneiro, o Concello do Pino acollerá unha das xornadas máis esperadas do Nadal coa tradicional visita dos Reis Magos. Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán as parroquias do municipio e culminarán a súa visita coa recepción oficial no polideportivo municipal de Reboredo, ás 19.30 h. Este día tan especial completarase co Festival Sons de Reis, no que tres DJ –Compota, Toni Salvaje e David Expósito – e o grupo Nueva Fuerza animarán a gozar dende ás 20.30 h. ata a madrugada.

Un momento da San Silvestre celebrada en Padrón este Nadal / Concello
E para anticipar a súa chegada (luns, 17.00 h.), Padrón celebrou unha divertida San Silvestre con máis de 500 corredores.
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia
- Nueva jornada de huelga de buses urbanos: Santiago, sin servicios mínimos
- David Uclés, premio San Clemente: 'Estoy muy unido a Santiago y a sus bibliotecas
- Santiago afronta este viernes una nueva jornada de huelga de buses
- Licitan por 12,8 millones el mantenimiento de las instalaciones hospitalarias en Santiago
- Reurbanización de Santiago de Chile: o proxecto piloto para mudar o Ensanche
- La macrofiesta más esperada del carnaval gallego está en área y ya tiene fechas: 'Un viaje musical apoteósico