Estas son as mellores fotografías do concurso 'Imaxes de Boqueixón'
'Reflexos da ponte', de Fernando Lueiro Balado, foi a fotografía mellor valorada
Completaron o podio César Carracedo, con 'Ofrenda nocturna', e Sojhayla Mendieta, con 'Esperando o Entroido'

'Reflexos da ponte' retrata a paisaxe da Ponte Ledesma co seu reflexo nunha esfera. / Fernando Lueiro
Xa se coñecen as fotografías gañadoras da undécima edición do concurso Imaxes de Boqueixón. A composición mellor valorada ten por nome Reflexos da ponte. Tomada por Fernando Lueiro Balado, é unha fotografía que retrata a Ponte Ledesma co seu reflexo na auga e nunha esfera.
A súa proposta foi escollida polo xurado de entre as 71 fotografías presentadas no certame, dúas máis ca o no pasado. Lueiro Balado xa gañara a edición de 2023 con outra imaxe súa das Illas de Gres, daquela presentando unha fotografía aérea. Ademais, a súa segunda proposta quedou en cuarta posición e forma parte do calendario 2026 do Concello de Boqueixón.
En segundo lugar quedou o xornalista César Carracedo Pose (gañador da edición de 2024) con Ofrenda nocturna, unha sorprendente imaxe nocturna da Capela de San Sebastián ao pé do Pico Sacro na que destaca a contraste entre a luz vermella das candeas fronte ao negro estrelado do ceo.

'Ofrenda nocturna' foi a segunda fotografía mellor valorada polo xurado. / César Carracedo
Completou o podio Sojhayla Mendieta Celedón, veciña de Boqueixón, con Esperando o Entroido, unha fotografía dun xeneral da Ulla de costas contemplando o Pico Sacro.

A imaxe 'Esperando o Entroido' foi a terceira máis destacada no certame. / Sojhayla Mendieta
Premios e calendarios de balde
O concelleiro de Obras, Manuel Fernández Munín, foi o encargado de entregarlles os premios: vales de compra en calquera establecemento do municipio por un importe de 200, 150 e 50 euros, respectivamente. Así mesmo, agasallounos con varios exemplares do Calendario 2026, que recollen as súas tres imaxes xunto as outras nove mellor puntuadas do certame e que chegará de balde a todas as vivendas do municipio nos próximos días.
Unha das novidades do certame: a posibilidade de presentar imaxes de celebracións e festas representativas de Boqueixón, foi ben recibida xa que ata unha decena de fotos correspondéronse coas tres festas de interese turístico existentes no municipio: o Entroido de Sergude, a Festa da Filloa de Lestedo e as Carrozas do San Cidre do Oural. Todas elas están representadas no almanaque deste ano.
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- Galicia se congela con el aire polar: un nuevo frente de frío, nieve y granizo llega para comenzar la semana
- Los sindicatos del transporte solicitan reunirse con la patronal: «Agardamos unha proposta seria»
- La transformación del conector central de Santiago: 22 equipos presentan sus propuestas y solo 5 pasarán a la final
- Impresionante chalet de obra nueva a las puertas de Santiago: diseño, eficiencia y naturaleza en un entorno privilegiado
- Polémica en Santa Marta por una obra autorizada junto a un hórreo centenario: «Estamos co medo de que se nos veña todo abaixo»
- Herida una joven al chocar contra un muro y otro coche en Boqueixón
- La periodista estrella de TVE visita Santiago: Silvia Intxaurrondo llega invitada por la Fundación Araguaney