Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Alertan da alta sinistralidade na vía Ponte do Porto-Camelle, en Camariñas

O Bloque urxe á Deputación a executar unha actuación integral na vía, na que se rexistraron máis de vinte sinistros en dous anos

Imaxe do accidente que tivo lugar o pasado sábado na vía Ponte do Porto-Camelle.

Imaxe do accidente que tivo lugar o pasado sábado na vía Ponte do Porto-Camelle. / Cedida

Camariñas

O BNG de Camariñas reiterou a «necesidade urxente» de acometer unha mellora integral na estrada provincial DP-1601, que une as localidades de Ponte do Porto con Camelle, logo de que o pasado sábado volvera producirse outro grave accidente de tráfico no que unha persoa resultou ferida.

Os nacionalistas indican que dita estrada «cada vez está peor, e leva rexistrados máis de vinte sinistros nos dous últimos anos», e piden unha actuación integral para mellorar o seu trazado e a seguridade.

«Non chega cun simple asfaltado», indican dende o BNG, que seguirá a reclamar á Deputación da Coruña «unha actuación urxente» porque «non podemos permitir que se nos siga ninguneando».

A citada formación lembrou que leva anos advertindo do perigo da vía que une Ponte do Porto con Camelle, sinalando que «hai que deixar de ter unha infraestrutura doutra época, sen garantías de seguridade ningunha e que pon en risco serio a vida das persoas».

Mellora do trazado

En setembro de 2025, o voceiro municipal do BNG de Camariñas, Xurxo Rodríguez, presentou unha moción no Concello para que a Corporaciónmunicipal urxise á Deputación Provincial da Coruña a que dispuxese de orzamento para realizar unha reforma integral da estrada, mellorando o trazado e dotándoa de medidas de seguridade acaídas, tendo en conta a normativa actual na materia.

TEMAS

Tracking Pixel Contents