SANIDADE
Licitan o servizo de limpeza do hospital de Cee por 1,6 M€
As empresas poden presentar as ofertas ata o 16 de febreiro

Hospital Virxe da Xunqueira, de Cee. / Cedida
A Xunta, a través da Consellería de Sanidade, publicou no Portal de Contratos Públicos a licitación do servizo de limpeza do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, por un importe de 1.603.343 euros e un período de vixencia de 24 meses. As empresas interesadas neste contrato teñen de prazo ata o 16 de febreiro para presentar as súas ofertas.
O obxecto do contrato abrangue tanto os exteriores como os interiores do hospital, así como todas as súas dependencias, sendo o total da superficie a limpar de 8.795 metros cadrados, dos que 3.591 son de risco baixo, 4.266 de risco intermedio e 938 de risco alto.
A correcta hixiene e desinfección e un ambiente limpo é unha medida para a prevención e redución das infeccións relacionadas á asistencia en saúde. Así, a Guía de procedementos de limpeza no medio hospitalario da Consellería de Sanidade, desenvolvida pola normativa propia Procedemento xeral de limpeza, da área sanitaria da Coruña e Cee, sinala a metodoloxía de actuación e sistemática de limpeza na prestación do servizo tendo en conta cada tipo de risco.
O proceso asistencial desenvolvido no Hospital Público de Cee «require duns niveis de calidade, especialización, supervisión, coordinación e xestión do proceso de limpeza, acorde coa importancia do propio proceso de saúde», subliña Sanidade.
Condicións laborais
Pola súa banda, o persoal do servizo de limpeza dos hospitais do Salnés, Barbanza e Cee decidiron adiar o inicio da folga indefinida prevista para este mércores ao vindeiro mércores 21 de xaneiro para reclamar a equiparación das súas condicións laborais coas do persoal doutros centros de referencia. Para o xoves 22 teñen convocada unha concentración diante do Sergas en Santiago.
Ante a falta de movementos por parte de Sanidade, a CIG presentará tamén mocións nos concellos destas áreas sanitarias en apoio das «xustas reivindicacións, para que as corporacións trasladen á Xunta a necesidade de negociar para poñer fin a esta situación discriminatoria».
- Un restaurante compostelano se cuela entre los favoritos de los españoles para comer en 2025
- Susto en la urbanización teense de Augas Mansas por un vecino atrincherado en casa
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- El lobo mata tres perros en el rural de Santiago: 'La gente no quiere salir al monte
- Buscan «parejas reales» en Santiago para participar en lo que parece la nueva serie de época de Vaca Films
- Comer 'por menos de 6 euros': tres restaurantes de Santiago que adoran los estudiantes
- Luto en la TVG y la Radio Galega por la muerte de la periodista Mabel Montes
- Drones y puertas marcadas en Ames: ¿‘modus operandi’ de la Banda del Volvo?