Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SERVIZOS

O BNG pide a nulidade da ordenanza local de conciliación de Muxía

Demanda unha nova que recolla as bonificacións

Nenos e nenas nunha das actividades de conciliación de Nadal en Muxía.

Nenos e nenas nunha das actividades de conciliación de Nadal en Muxía. / C. M.

Muxía

O BNG de Muxía presentou alegacións á ordenanza municipal de prezos públicos para actividades de conciliación (ConcilaMux), e pide a nulidade por non cumprir coa Lei 7/1985 Reguladora das Bases do Réxime Local, que establece un período de trinta días para a presentación de reclamacións e suxestións.

A formación nacionalista solicita que se someta a exposición pública a ordenanza previamente á súa publicación definitiva, deixando sen efecto a ordenanza publicada no BOP, e ademais propón que o documento recolla bonificacións.

O BNG propón bonificacións do 75% cando a renda per cápita da unidade familiar sexa igual ou inferior ao 50% do IPREM anual, e do 50% cando sexa igual ou inferior ao 75% ou no caso de familias monoparentais ou monomarentais.

Pide tamén bonificacións para o segundo e sucesivos irmáns usuarios do servizo e no caso de familias numerosas. Propón ademais que a emisión dun informe do departamento de Servizos Sociais que indique a necesidade do servizo e a falta de posibilidades económicas da unidade familiar determine unha bonificación do 95%.

A voceira do BNG, Mercé Barrientos, sinala que «non se pode aprobar unha normativa sen tela preparada como é debido, alegando que non tiveron tempo de incluír bonificacións».

Tracking Pixel Contents