Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SERVIZOS

O campamento Xermolar permitiu a trinta familias de Coristanco conciliar no Nadal

Combinou xogo, deporte, creatividade e contacto coa natureza

Trinta familias aproveitaron a oferta do campamento de Nadal.

Trinta familias aproveitaron a oferta do campamento de Nadal. / Cedida

Coristanco

O Concello de Coristanco vén de pechar unha nova edición do Campamento de Conciliación de Nadal Xermolar, unha iniciativa municipal que permitiu a 30 familias do municipio conciliar a súa vida laboral e familiar durante o período non lectivo do Nadal.

O campamento desenvolveuse no Centro Interxeracional da Rocheira e participaron cincuenta nenos e nenas de 3 a 16 anos. Gozaron dun programa de actividades que combinou xogo, deporte, creatividade e contacto coa natureza, cun enfoque educativo baseado na igualdade, o respecto polo medio ambiente, o uso do galego e a promoción de hábitos de vida saudables.

Nenos e nenas que participan no campamento de Nadal Xermolar.

Nenos e nenas que participan no campamento de Nadal Xermolar. / Cedida

Desde o Concello de Coristanco destácase a importancia deste tipo de iniciativas, que responden a unha demanda real das familias e que forman parte dunha liña de traballo continuada en materia de conciliación, co obxectivo de facilitar a organización da vida laboral e persoal, especialmente nos períodos vacacionais.

O goberno municipal reafirma así o seu compromiso de "seguir impulsando políticas públicas de apoio ás familias, favorecendo servizos que contribúan ao benestar da infancia e á mellora da calidade de vida da veciñanza".

Tracking Pixel Contents