Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Reanúdanse as obras do Centro Multifuncional do Milladoiro

Segundo o alcalde de Ames, Blas García, se todo vai ben, este setembro "xa se poderán dar os primeiros cursos de formación para persoas con dificultades de acceso ao emprego"

Un traballador escavando nas inmediacións do Centro Multifuncional do Milladoiro.

Un traballador escavando nas inmediacións do Centro Multifuncional do Milladoiro.

Ames

Traballadores da empresa Construcciones Iglesias Mera iniciaron este mércores as obras pendentes no esqueleto do que será o futuro Centro Multifuncional do Milladoiro. A construción fora paralizada hai un ano, cando o Concello de Ames rescindiu o contrato coa anterior adxudicataria.

O alcalde de Ames, Blas García, comentou que o feito de que a firma a cargo destes traballos sexa do Milladoiro, "é positivo para que esta edificación e a urbanización do seu entorno remate en prazo e en boas condicións".

Sinalou ademais que, "se todo vai como debería, no mes de setembro deste ano xa se poderán dar os primeiros cursos de formación para persoas con dificultades de acceso ao emprego, convertíndose este Centro Multifuncional na terceira pata da área de formación e emprendemento de Ames, xunto ao Espazo colaborativo A Proa e o Centro de Formación de Aldea Nova".

O Multifuncional albergará tamén un espazo para a mocidade no que poderán reunirse e facer actividades.

Tracking Pixel Contents