NADAL
Roscóns de Reis para os maiores de noventa anos de Ponteceso
O alcalde asegura que se trata dunha acción de «carácter social e emocional»

O alcalde e a concelleira entregando o roscón a unha veciña de Ponteceso. / Cedida
Con motivo do día de Reis, o Concello de Ponteceso impulsou unha iniciativa moi especial: levar o clásico roscón a todas as persoas maiores de 90 anos do municipio.
Nesta iniciativa, organizada e planificada desde hai tempo, o alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, e a concelleira de Servizos Sociais, Marisé Álvarez, acompañaron ás Súas Maxestades de Oriente durante o percorrido polos domicilios destes veciños e veciñas, compartindo con eles e elas momentos especiais e cheos de emoción.

O alcalde e os Reis Magos entregando o rosón a unha veciña. / Cedida
O rexedor agradeceu a implicación dos voluntarios de Protección Civil, «que coa súa colaboración fixeron posible o desenvolvemento desta actividade». Un agradecemento que fixo extensivo aos propios Reis Magos «polo seu tempo desinteresado» e aos maiores, «polo recibimento e por agasallarnos cunha experiencia difícil de esquecer».
Esta acción, «de carácter social e emocional, referenda o compromiso do Concello co coidado, o respecto e o acompañamento das persoas maiores», subliña José Manuel Mato. Ante a boa acollida que tivo a iniciativa, dende o Concello de Ponteceso xa valoran repetila nos vindeiros anos.
Sorteo dun lingote de ouro
Por outra banda, O Concello pontecesán, no marco da campaña de Nadal e de promoción do comercio local, sorteou un lingote de ouro de 24 quilates (cun valor aproximado de 1.500 euros) e outros premios: bicicletas, tablets e máis sorpresas.
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago
- Un nuevo robo de oro en Trazo amplía la ola de asaltos de la Banda del Volvo
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- López Couso lanza su candidatura a rectora: «Queremos unha USC que coide das persoas que a fan posible día a día»
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%