Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

LECTURA

As bibliotecas de Carballo xa prestan libros electrónicos

Incorporaron catro dispositivos que poden solicitarse por 30 días

Dispositivos de lectura electrónica das bibliotecas municipais de Carballo.

Dispositivos de lectura electrónica das bibliotecas municipais de Carballo. / C. C.

Carballo

Os usuarios e usuarias das bibliotecas municipiais de Carballo, ademais de gozar do pracer da lectura cos milleiros de libros que enchen os estantes, agora tamén poden levar en préstamo catro dispositivos de lectura electrónica.

Os departamentos de TICs e de Arquivos, Bibliotecas e Normalización Lingüística optaron polo modelo Kobo Libra Color, que ofrece, entre outras prestacións, pantalla anti-reflexos de 7 pulgadas, permite facer anotacións e tomar notas en cor, teñen un deseño ergonómico con botóns de paso de páxina, son resistentes á auga, están fabricados con plástico reciclado procedente dos océanos e ademais permiten escoitar audiolibros.

E, ademais de todo iso, estes catro dispositivos permitirán aos usuarios e usuarias acceder aos libros en dixital a través de varias plataformas, entre elas Galiciale, da Rede de Bibliotecas de Galicia, ou Ebibliodacoruna, da Deputación da Coruña.

Os usuarios deberán solicitar o lector de libros electrónicos no mostrador de préstamo, que se prestará por un período de 30 días non renovables, e admítense reservas.

Tracking Pixel Contents