EDUCACIÓN
As melloras de centros educativos da Costa da Morte suman máis de 7 M€
Educación inviste 1,1 millóns na rehabilitación do CEIP O Areal de Camariñas

O conselleiro, a alcaldesa e concelleiros con escolares do colexio O Areal de Camariñas. / X. G.
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, presentou no colexio O Areal, de Camariñas, o proxecto de rehabilitación integral do centro, no que a Xunta investirá máis de 1,1 M€. A obra licitouse o venres, no marco do paquete das primeiras 16 obras que vai executar a Xunta en centros educativos este ano, por máis de 16 M€.

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, visitou o centro educativo. / X. G.
Rodríguez subliñou que a obra no CEIP O Areal eleva a máis de 7,5 M€ o investimento da Xunta en melloras dos centros da Costa da Morte no marco do Plan de nova arquitectura pedagóxica, con actuacións como a rehabilitación integral e reforma do salón de actos do Instituto Alfredo Brañas (Carballo, 2 M€), a ampliación do CEIP Mar de Fóra, de Fisterra (913.000 €) ou as melloras sectoriais acometidas no Centro Público Integrado As Revoltas, de Cabana de Bergantiños (660.000€), no CEIP Plurilingüe Eugenio López, de Cee (518.000 €) e no CPI Plurilingüe Cabo da Area, de Laxe (420.000€), entre outras.
Ademais da mellora de Camariñas, este ano tamén se renovará a cuberta do CEIP O Cruce de Cerceda, cun investimento de máis de 500.000 €, unha obra que foi licitada este luns e que conta cun prazo de execución de nove meses desde o inicio dos traballos.
Renovación da envolvente
No colexio de Camariñas, o proxecto ten como obxectivo renovar por completo a envolvente do centro. «Melloraranse tanto o confort térmico da comunidade educativa no seu día a día como a eficiencia enerxética das instalacións», sinalou o conselleiro.
O programa de actuación inclúe o cambio da cuberta por unha nova de panel tipo sandwich con illamento térmico, dun total de 1.726 m², así como a instalación do sistema SATE nos 1.864 m² de fachadas. Así mesmo, mudaranse as 87 fiestras exteriores e 69 portas que aínda non foran renovadas. Tamén se incorporarán novas luminarias no recinto exterior do colexio, que non existen na actualidade, e acometerase o acondicionamento acústico interior do patio cuberto a base de chapas microperforadas de aceiro galvanizado lacado e panel interior de la de vidro.
Mellora da accesibilidade
No interior instalaranse 337 luminarias e falsos teitos, e pintaranse as aulas. A intervención inclúe a mellora da accesibilidade.
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- La periodista estrella de TVE visita Santiago: Silvia Intxaurrondo llega invitada por la Fundación Araguaney
- Galicia se congela con el aire polar: un nuevo frente de frío, nieve y granizo llega para comenzar la semana
- Los sindicatos del transporte solicitan reunirse con la patronal: «Agardamos unha proposta seria»
- La transformación del conector central de Santiago: 22 equipos presentan sus propuestas y solo 5 pasarán a la final
- Impresionante chalet de obra nueva a las puertas de Santiago: diseño, eficiencia y naturaleza en un entorno privilegiado
- Polémica en Santa Marta por una obra autorizada junto a un hórreo centenario: «Estamos co medo de que se nos veña todo abaixo»
- Herida una joven al chocar contra un muro y otro coche en Boqueixón