Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

INFRAESTRUTURAS

A Deputación move ficha: inviste 318.000 € na mellora da vía de Ponte do Porto a Camelle

As obras foron adxudicadas á empresa Leonardo Miguélez

Estrada que une Camelle e Ponte do Porto, en Camariñas.

Estrada que une Camelle e Ponte do Porto, en Camariñas. / Google Maps

Camariñas

A Deputación da Coruña asinou o contrato para a execución das obras de mellora da capa de rodaxe do tramo de la estrada DP-1601 en Camariñas (A Ponte do Porto a Camelle), entre os quilómetros 0+805 e 4+165, mediante o estendido dunha capa de mestura bituminosa en quente a todo o ancho da plataforma da estrada.

As obras, adxudicadas á empresa Leonardo Migúelez, suporán un investimento de 318.887 euros.

Actualmente, a rodaxe da maior parte do tramo de estrada está formada por un triple tratamento superficial mediante regos con gravilla. Por iso, previamente ás operacións de pavimentación deberán levarse a cabo as operacións de roza de marxes, limpeza de beiravías e apertura de cunetas.

As obras contemplan a renovación do drenaxe transversal situado á altura dos quilómetros 3+568 e 3+793 mediante tubaxes de formigón, coas respectivas embocaduras en aleta e pozo. Para previr a chegada de arrastres cara a calzada da estrada proxéctase a pavimentación das interseccións dos camiños de servizo coa vía provincial mediante pavimento de formigón. Por último, inclúese a reposición das marcas viarias existentes, así como das unidades de defensa e balizamento necesarias.

Cómpre lembrar que o BNG de Camariñas reiterou en días pasados a «necesidade urxente» de acometer unha mellora integral na referida estrada, logo de que o pasado sábado volvera producirse outro grave accidente de tráfico no que unha persoa resultou ferida. Os nacionalistas indicaban que dita estrada «cada vez está peor, e leva rexistrados máis de vinte sinistros nos dous últimos anos»,

Tracking Pixel Contents