Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

MEDIO AMBIENTE

Mar de Fábula apela aos voluntarios para limpar a praia de Traba de Laxe

Virginia Barros: "Queremos implicar á cidadanía no coidado da nosa casa común"

Virginia Barrros, presidenta da Asociación Mar de Fábula.

Virginia Barrros, presidenta da Asociación Mar de Fábula. / Cedida

Camariñas

A Asociación Mar de Fábula convoca de novo ao voluntariado á sumarse o sábado, día 10, á xornada de limpezas simultáneas Queremos facer o cambio, que desenvolverán na praia de Traba de Laxe.

Quenes desexen botar unha man están citados ás 11.00 horas no aparcamento zona norte da praia (Boaño). É necesario anotarse, a efecto de cobertura de seguros, a través do correo electrónico info@mardefabula.gal ou chamando ao 660 242118. A asociación aportará o material necesario para a limpeza.

Obradoiro artístico

Despois da limpeza, Mar de Fábula organizará, no centro social de Traba, un obradoiro artístico con lixo mariño recuperado do areal. A entidade ambiental agradece o apoio loxístico do Concello de Laxe.

Virginia Barros, presidenta de Mar de Fábula, asegura que "uniremos forzas nunha iniciativa que se desenvolverá de maneira coordinada en distintos enclaves naturais, tanto costeiros como fluviais, co obxectivo de retirar residuos, visibilizar o problema da contaminación e fomentar a implicación da cidadanía no coidado da contorna, da natureza, da nosa casa común".

Unha iniciativa que está organizada por Izan Voluntario, "un rapaz comprometido coa limpeza nas praias de A Coruña e que impulsa e coordina esta acción xunto a diferentes colectivos. Esto demostra o poder que temos todos nós, o poder dunha soa persoa, neste caso, o poder de Izan", subliña Virginia Barros.

As persoas que estén interesadas en participar nas limpezas organizadas por outras asociacións ou elexir un lugar novo para así ampliar o mapa, deben avisar a través de @voluntariolimpiezagalicia ou do correo izanvoluntario@gmail.com.

TEMAS

Tracking Pixel Contents