Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ARTESANÍA

A Mostra do Encaixe de Camariñas reforzará contidos e a proxección internacional

Deputación e Concello traballan xa na programación de 2026

Valentín González e Sandra Insua asinando o convenio.

Valentín González e Sandra Insua asinando o convenio. / Deputación Coruña

Camariñas

O presidente da Deputación, Valentín González, e a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, asinaron o convenio de colaboración para o financiamento da 34 Mostra do Encaixe, celebrada en 2025. O ente provincial apoia a celebración do evento con 120.000 euros, máis do 70% do investimento.

A Mostra do Encaixe conta co apoio da institución provincial desde hai máis de tres décadas. Valentín González salientou que «é unha aposta firme e continuada por un evento que define a nosa identidade e que combina tradición, cultura, innovación e desenvolvemento económico. Xa estamos a traballar xunto á alcaldesa na Mostra de 2026 para reforzar contidos, mellorar a programación e seguir impulsando a proxección internacional do encaixe de Camariñas».

A rexedora, Sandra Insua, destacou que «a cooperación coa Deputación é clave para garantir a estabilidade e o crecemento da Mostra», e agradeceu «o compromiso continuado cun evento que se ten consolidado como unha referencia nas últimas décadas».

Tracking Pixel Contents