Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

INFRAESTRUTURAS

O enlace da autovía co polígono de Vimianzo: previsto pero sen construtor

O BNG cualifica de "irresponsable" a negativa da Xunta a facer a conexión

Naves del parque empresarial de Vimianzo.

Naves del parque empresarial de Vimianzo. / J. M. R.

Vimianzo

O BNG cualifica de "irresponsable" a negativa da Xunta a construír un enlace directo entre a autovía e o parque empresarial de Vimianzo, "unha infraestrutura clave para o desenvolvemento económico da Costa da Morte".

Cabe sinalar que o proxecto de prolongación da autovía entre Santa Irena e Vimianzo, presentado o mércores polo presidente da Xunta, prevé o enlace pero non a súa execución, dado que a Administración autonómica entende que a construción corresponde ao Goberno central por tratarse dun polígono de titularidade estatal.

O portavoz do BNG vimiancés, Benjamín Queiro, sinala que "estamos ante un caso insólito: un parque empresarial sen enlace coa autovía que pasará ao seu carón".

Os nacionalistas aseguran que a comarca "sofre unha clara desvantaxe en materia de comunicacións, polo que resulta incomprensíbel que o principal motor de creación de emprego do concello non conte cun acceso axeitado á rede viaria de alta capacidade".

Prezo do solo industrial

Denuncia ademais "o elevado prezo do solo industrial" do parque de Vimianzo, sinalando que é "dos máis altos da provincia pese a estar xestionado polo Goberno central, e insta á alcaldesa a defender os intereses do concello ante o seu propio partido".

Por outra banda, os nacionalistas reiteran "a urxencia de eliminar a peaxe da AG-55 entre Carballo e A Coruña", ao considerar que supón "unha discriminación territorial que prexudica gravemente á cidadanía e ás empresas da comarca".

Benjamín Queiro pregúntase "a que se refieren os grandes partidos políticos cando falan de políticas de apoio ó rural".

Tracking Pixel Contents