Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CULTURA

O programa Escora Danza regresa a Vimianzo

O venres abrirase un debate para que o público elixa os espectáculos

Xornada de Escora Danza o pasado verán no castelo de Vimianzo.

Xornada de Escora Danza o pasado verán no castelo de Vimianzo. / C. V.

Vimianzo

O programa Escora Danza volve a Vimianzo o venres, 16 de xaneiro ás 18.00 horas na Casa da Cultura, e a veciñanza poderá elixir os espectáculos. Presentarase unha selección de artistas para dalos a coñecer en sociedade e falar dos seus traballos. 

O obxectivo é "abrir un debate sobre as propostas que máis lle interesen ao público para que o programa 2026 sexa máis nutritivo e achegue a realidade do noso territorio", afirman dende o Concello.

Non é preciso contar con ningún coñecemento previo sobre danza contemporánea, "só gañas de compartir, debater e imaxinar en colectivo. Todas as persoas son benvidas", subliñan.

Tracking Pixel Contents