DENUNCIA
Aseos vandalizados e falta de alumeado na contorna da lonxa de Muxía
O BNG demanda un plan de melloras no porto da vila da Barca

Estado dun dos aseos públicos da zona portuaria de Muxía. / BNG
O BNG demanda melloras no porto de Muxía, ademais dunha solución á falta de alumeado público na zona da lonxa. Lembra que "xa hai máis dun ano que denunciamos que as instalacións portuarias están en mal estado, cos aseos públicos vandalizados e pechados, coa zona do aparcamento con beirarrúas rotas e as liñas sen pintar, e por riba non hai luz”.
Trátase dunha situación, segundo os nacionalistas, que levan tempo padecendo os traballadores e traballadoras do mar, "que están a pagar recibos de luz a Portos de Galicia por un servizo que non reciben polo menos desde hai tres meses".
Desde o BNG lembran que a finais de 2025 presentaron unha emenda aos orzamentos da Xunta, que foi rexeitada polo PP, para realizar actuacións na zona portuaria.
Indican que a Xunta proxectou para o porto o chamado departamento para exportadores, cuantificado en 600.000 euros, "pero nos orzamentos para 2026 só aparecen 10.000, que non chegan nin para redactar o proxecto".
A formación nacionalista sinalou que a xente do mar "está moi enfadada, e con razón", e considera que o ente portuario "debe ter en conta a problemática e actuar canto antes".
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- Un nuevo robo de oro en Trazo amplía la ola de asaltos de la Banda del Volvo
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- López Couso lanza su candidatura a rectora: «Queremos unha USC que coide das persoas que a fan posible día a día»