Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

XUNTANZA

Coristanco busca apoio na Xunta para reforzar as políticas sociais

O alcalde avaliou coa delegada da Xunta diferentes liñas de axuda

Belén do Campo e Juan Carlos García na xuntanza mantida na Coruña.

Belén do Campo e Juan Carlos García na xuntanza mantida na Coruña. / MONCHO FUENTES

Coristanco

A delegada da Xunta, Belén do Campo, reuniuse co alcalde de Coristanco, Juan Carlos García, para avaliar cuestións de interese para o municipio, poñendo especial énfase nas políticas sociais e nas axudas autonómicas.

Destacaron o funcionamento das tres Casas do Maior, «un servizo que está a ter unha excelente acollida», segundo sinalou Do Campo. «Aínda hai prazas dispoñibles», engadiu.

Así mesmo, a delegada da Xunta e o alcalde repasaron distintas liñas de axudas que xa se están a convocar como anticipo de gasto. Entre elas, os obradoiros de emprego, así como subvencións relacionadas co medio ambiente, como as axudas para protección de animais de compañía ou conservación de árbores senlleiras.

Tamén abordaron outras convocatorias como as achegas de embelecemento para particulares, as destinadas á adquisición de vehículos adaptados para persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi eco, así como as subvencións para a cofinanciación de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por concellos, mancomunidades ou agrupacións de municipios, entre outras.

Do Campo destacou a importancia de manter un diálogo continuo para coñecer as necesidades dos concellos.

Tracking Pixel Contents