DEMANDAS
Malestar en Zas pola falta de investimentos no CEIP de Baio
Educación asegura que están redactando o proxecto de rehabilitación

CEIP Labarta Pose, de Baio, en Zas. / Google Maps
O Concello de Zas vén de solicitar unha reunión de carácter urxente con responsables da Consellería de Educación tras coñecerse a ausencia total de investimentos autonómicos no CEIP de Baio, "a pesar dos compromisos adquiridos hai preto de dous anos", subliñan.
Precisamente ese tempo é o que leva traballando o goberno local coa ANPA e a dirección do centro de xeito coordinado coa Consellería de Educación para impulsar unha mellora integral neste centro, o que incluía, presuntamente, o cambio na cuberta, melloras no edificio, no comedor e noutras instalación. Estes compromisos xa foran trasladados persoalmente ás tres partes e mesmo técnicos da propia Consellería visitaron o centro para poder contratar as obras comprometidas.
Durante todo este tempo, desde a Administración local "optouse pola discreción, confiando plenamente na palabra dada e priorizando o resultado final por riba da confrontación pública. Proba diso é que, como parte do acordo, o Concello asumiu e executou actuacións pola súa conta, como a reparación das baixantes do edificio novo do colexio. Porén, a ausencia do CEIP de Baio nos anuncios de investimento autonómico supón un incumprimento do compromiso adquirido", subliñan.
A "preocupación e o malestar" xorden, precisamente agora, ao comprobar que "aquilo que se daba por resolto non se reflicte en ninguna planificación oficial", o que leva agora ao Concello de Zas, á ANPA e á dirección do centro a reclamar explicación e a valorar conxuntamente as medidas que se poden adoptar.
O alcalde, Manuel Muíño, quixo destacar que "por riba das cores políticas ten sempre que existir un obxectivo común, que non é outro que mellorar as condición de traballo diario de profesores e alumnado nun eido, a educación, no que todos os medios son sempre poucos. É innegociable que este é un piar fundamental da nosa sociedade, e amosamos o noso malestar, así como o de toda a comunidade educativa, para coa Consellería de Educación tras ningunear un traballo colectivo de case dous anos", asegurou.
O seguinte paso, recalca o primeiro edil, será "estudar a adopción de medidas en colaboración coa ANPA, para que a Consellería de Educación execute o comprometido".
Investimento previsto: 1 millón de euros
Ante as demandas do Concello, dende a Consellería de Educación aseguran que está en fase de redacción "o proxecto de rehabilitación integral deste centro, co obxectivo de avanzar na súa concreción a nivel técnico".
As previsións iniciais, engaden, "sitúan o orzamento desta intervención en torno a 1.000.000 €. Licitarase cando todo o expediente administrativo-arquitectónico estea rematado".
O propio conselleiro, Román Rodríguez, aproveitou a visita de hoxe ao IES de Zas para comunicarlle ao alcalde de Zas o estado das actuacións ao respecto.
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- La periodista estrella de TVE visita Santiago: Silvia Intxaurrondo llega invitada por la Fundación Araguaney
- Galicia se congela con el aire polar: un nuevo frente de frío, nieve y granizo llega para comenzar la semana
- Los sindicatos del transporte solicitan reunirse con la patronal: «Agardamos unha proposta seria»
- La transformación del conector central de Santiago: 22 equipos presentan sus propuestas y solo 5 pasarán a la final
- Impresionante chalet de obra nueva a las puertas de Santiago: diseño, eficiencia y naturaleza en un entorno privilegiado
- Polémica en Santa Marta por una obra autorizada junto a un hórreo centenario: «Estamos co medo de que se nos veña todo abaixo»
- Herida una joven al chocar contra un muro y otro coche en Boqueixón