Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

RECOÑECEMENTO

«Orgullo» na Xunta polo labor dos tres docentes de Zas con premios nacionais

O conselleiro sinalou que son «máximos expoñentes da profesionalidade»

Román Rodríguez, esquerda, Óscar Rey, Fina Paulos e Lorena Cerdeira, no IES de Zas.

Román Rodríguez, esquerda, Óscar Rey, Fina Paulos e Lorena Cerdeira, no IES de Zas. / X. G.

Zas

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, destacou o «orgullo» que representan os docentes de Zas Lorena Cerdeira, Fina Paulos e Óscar Rey como «máximos expoñentes da profesionalidade ao servizo da calidade do sistema educativo galego, nomeadamente no rural e nun ámbito tan sensible como as novas tecnoloxías».

O conselleiro, no centro, cos premiados e directivos do IES de Zas.

O conselleiro, no centro, cos premiados e directivos do IES de Zas. / X. G.

Con motivo dunha visita ao Concello zaense, onde os tres desenvolven o seu traballo docente, o titular de Educación trasladoulles persoalmente os parabéns en nome da Xunta e do conxunto da comunidade escolar tras seren galardoados cos I Premios Nacionais a Experiencias Educativas que fomentan no alumnado as competencias dixitais e STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas, polas súas siglas en inglés).

O conselleiro de Educación compartiu un momento cos alumnos do IES de Zas.

O conselleiro de Educación compartiu un momento cos alumnos do IES de Zas. / X. G.

Román Rodríguez, que estivo acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, destacou que o feito de que ensino galego se sitúe á cabeza en resultados en ciencias ou equidade e igualdade de oportunidades, tal e como avalan informes comparativos a nivel internacional e estatal, «non é froito da casualidade», senón «do esforzo, implicación e bo facer» que desenvolve o profesorado no día a día nas aulas e que do cal «Lorena, Fina e Óscar son un faro no que mirarnos».

Os docentes foron distinguidos polos proxectos Clics seguros en Zas, coordinado por Lorena Cerdeira do CPI de Zas, e Miño en xogo, de Fina Paulos e Óscar Rey do IES Maximino Romero.

Tracking Pixel Contents