CARBALLO
Pablo Varela: "Á misa de San Antón poden vir burros, cabalos, cans, gatos e outros animais"
O sancristán e o párroco de Noicela recuperaron unha tradición perdida

Pablo Varela cos dous burros que participaron na celebración do ano pasado. / Cedida
A parroquia carballesa de Noicela prepárase para celebrar o día 17 a festa de San Antón Abade, unha cita que, dende hai catro anos recuperou unha vella tradición perdida: a bendición de animais.
Unha costume que foi recuperada grazas á iniciativa do sancristán Pablo Varela, co apoio do párroco amigoniano Manuel Carrero, despois dunha conversa "co meu avó, que hoxe ten 94 anos, que foi quen me dixo que antigamente a xente traía todos os anos o gando a bendicir, e é unha pena que se perdera unha celebración que é parte da identidade do noso pobo», afirma Pablo.

Dous dos asistentes á misa de San Antón o ano pasado en Noicela. / Cedida
Nos tempos dos seus avós "a xente traía, sobre todo, vacas", algo que hoxe non é viable, pero á misa de San Antón, que comezará ás 12.30 horas, "poden vir burros, cabalos, ovellas, coellos, cans, gatos e outros animais", afirma o sancristán. O ano pasado xuntaron preto de sesenta animais, "e agardamos que este ano veñan máis e que nos dén algunha sorpresa, como en 2025, cando viñeros dous burros".

Cartel promocional da festa de San Antón de Abad, en Noicela. / Cedida
Todos eles recibirán a bendición impartida polo párroco, "que todos os anos recorda nas súas homilías que os animais son criaturas de Dios e hai que coidalos, protexelos, e amalos como o fixo San Antón", afirma o sancristán.
Dende que recuperaron esta tradición, a Noicela achégase cada vez máis xente cos seus animais. "O primeiro ano só participaron veciños da parroquia, pero dende entón acode xente de toda a comarca e o ano pasado mesmo trouxeron mascotas dende Abegondo", subliña Pablo.
Non haberá pirotecnia
A misa de San Antón Abade será, ademais, unha celebración respectuosa cos animais e non haberá pirotecnia. Así o acordaron coa comisión de festas, da que forma parte tamén Pablo, "e só se botarán bombas na véspera", afirma.
Asemade, a festa terá tamén un carácter solidario e de concienciación, xa que no atrio da igrexa haberá un posto informativo do Legado de Max, a protectora que opera en Carballo, e o Concello repartirá dispensadores de bolsas para recoller os excrementos das mascotas.
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- Un nuevo robo de oro en Trazo amplía la ola de asaltos de la Banda del Volvo
- López Couso lanza su candidatura a rectora: «Queremos unha USC que coide das persoas que a fan posible día a día»
- Galicia protege a la última pareja que cría en la península de un singular pájaro
- Lavacolla se pone en obras: cuenta atrás para un cierre total que agudizará la crisis del aeropuerto de Santiago