ESPAZOS PROTEXIDOS
Medio Ambiente acondiciona áreas naturais en Corrubedo e Ponteceso
Na vila de Pondal mellorou a senda peonil do río Anllóns e a súa contorna

O alcalde, esquerda, e a conselleira perecorrendo a senda do Anllóns en Ponteceso. / X. G.
A Xunta de Galicia acometeu o ano pasado unha vintena de obras de adecuación do uso público e actuacións de conservación en espazos naturais protexidos das catro provincias, que supuxeron un investimento global de preto de 800.000 euros (en concreto, 786.145,18 euros).
Así o anunciou en Ponteceso a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, onde estivo acompañada da directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, e do rexedor, José Manuel Mato. Visitou a senda fluvial na desembocadura do río Anllóns que, precisamente, foi unhas das 20 obras executadas o ano pasado no conxunto da Comunidade galega.
Tal e como explicou a responsable autonómica, trátanse, en xeral, de pequenas actuacións como melloras de sendas, áreas de esparexemento, accesos, pontes, sinalización e posta en valor de ecosistemas que axudan á conservación destes espazos e ao seu desfrute por parte da cidadanía.
Catro na provincia da Coruña
En total, executáronse nove actuacións na provincia de Ourense, catro na de Pontevedra, tres en Lugo e catro na Coruña: dúas nas Fragas do Eume, outra no Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán e a referida na capital do municipio pontecesán. En concreto, Ángeles Vázquez explicou que os traballos acometidos en Ponteceso se centraron nun treito de case medio quilómetro dun sendeiro peonil de 1 quilómetro de lonxitude, que discorre paralelo ao río Anllóns, preto da súa desembocadura.
Pavimentación con xabre
Cun orzamento de 50.353,70 euros, a actuación xa está rematada e consistiu na adecuación do itinerario existente mediante a súa pavimentación con xabre estabilizado con cemento e no acondicionado na contorna con céspede e o plantado de árbores, o que facilitará o seu percorrido para a veciñanza.
A conselleira de Medio Ambiente salientou que todas estas actuacións —cofinanciadas co Fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027— «teñen como obxectivo común a posta en valor dalgúns dos espazos protexidos máis significativos das catro provincias a través da ordenación dos seus usos e da preservación da súa biodiversidade».
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia
- Oleada de robos: 'Queda la luz encendida para que parezca que hay gente en casa
- Nuevo corte de tráfico en Santiago: una céntrica calle del Ensanche estará cerrada este sábado