CULTURA
Música, danza, teatro e maxia en Vimianzo ata o mes de maio
Erguerá o pano o día 18 o recital de Antonio Barros e iAlma

O auditorio municipal de Vimianzo acollerá espectáculos para todos os públicos. / Cedida
Vimianzo aposta por unha programación cultural diversa, de primeira orde e accesible para todos os públicos neste primeiro semestre de 2026. Música, danza, teatro e maxia protagonizarán un amplo abano de espectáculos financiados pola Rede Galega de Teatros e Auditorios da Xunta, o Centro Dramático Galego e a Rede Cultural da Deputación da Coruña.
Erguerán o pano Antonio Barros e iAlma co recital Unha viaxe polas grandes voces da canción española o día 18. Teté Delgado e Julio Pereira protagonizarán o día 24 a comedia Entre dos, e o día 30 o Centro Dramático Galego presentará Memorias dun neno labrego. En febreiro, o día 7, a vimiancesa Gala Cernadas e Ernesto Alemán ofrecerán o concerto de violín e piano Ecos do tempo. O día 20, estrearase Nortear de Columna Balteira, froito da residencia artística no auditorio vimiancés.
Completan o programa Teatro do Noroeste con Manual de patronaxe (7 de marzo); Contraproducións con Yo no quiero irme a Francia (día 14); Mago Teto (día 21); o Festival folclórico Foliada do Río Grande (día 28); Trifásico Teatro con Vento metal, (11 de abril); Os Náufragos Teatro con Riazor Ostia (día 18); e Malasombra con O asombro (día 25). Pechará a programación cultural o Centro Coreográfico Gallego, con Transeúnte o día 2 de maio.
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Una calle que da acceso a un centro sanitario en el Ensanche de Santiago permanecerá cortada al tráfico este sábado
- Un incendio en la cafetería Ferradura de la Alameda moviliza a los Bomberos de Santiago
- Nueva caída del tráfico en Lavacolla: uno de cada tres pasajeros deja de volar desde Santiago en un año
- Detenidos por intento de homicidio una mujer y su hijo tras apuñalar varias veces en el tórax a un hombre en Bertamiráns
- Crujeiras, primera rectora de Galicia, consolidó su triunfo entre el profesorado: Flores solo la superó en cuatro facultades