Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

POLÍTICA MUNICIPAL

O PSOE de Malpica recollerá e levará a pleno as demandas da veciñanza

Programou xuntanzas en todas as parroquias

Concelleiros socialistas de Malpica de Bergantiños.

Concelleiros socialistas de Malpica de Bergantiños. / PSOE

Malpica

O PSOE de Malpicaconvocou reunións parroquiais con fin de escoitar de primeira man as demandas, necesidades e inquedanzas dos veciños e veciñas e trasladalas ao pleno municipal.

As xuntanzas darán comezo o domingo 18 no local social de Barizo ás 11.30 horas. A seguinte cita terá lugar o domingo 25 de xaneiro en Buño, no Teleclube, tamén ás 11,30 horas; mentres que o domingo 1 de febreiro a reunión será nas Escolas de Cambre, ás 12.00 horas.

O calendario retomarase o domingo 22 de marzo en Cerqueda, ás 12.30 horas, nas Escolas das Pozacas. Xa no mes de abril, a veciñanza poderá participar na xuntanza do sábado 11 no local social de Mens, ás 11.30 horas; o domingo 19 en Leiloio ás 11.00 horas, nas Escolas da Raxeira; e, por último, o domingo 26 en Vilanova, nas Escolas de Beo, ás 11.30 horas.

Tracking Pixel Contents