LIMPEZA
Vinte voluntarios recollen 392 quilos de lixo na praia de Traba de Laxe
Mar de Fábula impartiu un obradoiro de artesanía aos asistentes

Voluntarios retirando un tubo plástico de 18 metros da praia de Traba. / Mar de Fábula
Vinte voluntarios mobilizados por Mar de Fábula recolleron, en pouco máis de dúas horas, 392 quilos de lixo mariño na praia de Traba de Laxe. Entre os refugallos retirados destaca un tubo de plástico de 18 metros.
A colleita incluíu 95 botelllas de plástico (5,5 kg), 28 paos enteiros do culltivo do mexilllón e 56 partidos, 125 bastonciños dos ouvidos, 27 paos de chupa chups, 9 portalentilllas procedentes da caída dun contedor no ano 2019, 86 anacos de plástico duro, 189 anacos de porexpan, 9 nasas de plástico e un total de 284 tapóns.

Voluntarios seleccionando o lixo recollido no areal de Traba de Laxe. / Mar de Fábula
Despois da limpeza, os asistentes participaron nun obradoiro artesanal con lixo plástico, impartido por Mar de Fábula no centro social de Traba.

'Colleita' de tapóns plásticos na praia de Traba de Laxe. / Mar de Fábula
A presidenta da asociación, Virginia Barros, agradece o traballo de «todas as persoas que se achegaron a colaborar». Entre elas estaban o alcalde de Laxe, Francisco Charlín, e a concelleira Raquel Lema.
A iniciativa enmarcouse nas limpezas simultáneas en praias e ríos de Galicia, e nalgún punto de España, promovidas por Izan (@izanvoluntario), «un mozo da Coruña que decidiu pasar a acción fronte ao inmovilismo. Se unha persoa soa é capaz de liarnos a asociacións e moito voluntariado... o que conseguiríamos se nos unísemos máis para loitar contra a contaminación», dixo Barros.
- Vientos huracanados, lluvias persistentes y descenso de la cota de nieve: el temporal sacude a Galicia esta semana
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- No es spam: todo lo que debes saber del mensaje masivo del Sergas y el virus respiratorio sincitial
- Galicia protege a la última pareja que cría en la península de un singular pájaro
- Santiago contará con dous novos radares: un estable no Restollal e un novo no túnel do Hórreo
- Santiago se rendirá a la magia de 'Reinventio' el 17 de enero: así puedes conseguir invitaciones
- Lavacolla se pone en obras: cuenta atrás para el cierre total del aeropuerto de Santiago