AXUDAS
Os concellos de Costa da Morte reciben 75.000 € para equipamentos culturais
En Corcubión dotaron a biblioteca e a casa da cultura de calefacción eficiente

A delegada da Xunta e o alcalde de Corcubión, á dereita, na biblioteca municipal. / X. G.
A liña de axudas para a mellora de equipamentos culturais, na convocatoria de 2025, achegou un total de 75.000 euros a cinco concellos de Costa da Morte: Corcubión, Muxía, Cee, Zas e A Laracha.
Así o confirmou a delegada da Xunta, Belén do Campo, durante a visita á biblioteca e a casa da cultura de Corcubión, dous espazos que foron dotados dun sistema de calefacción eficiente e respectuoso co medio ambiente, substituíndo o actual sistema, obsoleto e de alto consumo, baseado en resistencias eléctricas, o que supoñía un importante custo en electricidade para as arcas municipais. O Concello corcubionés recibiu unha axuda de 27.000 euros.
A biblioteca municipal de Corcubión, a través do Concello, tamén recibiu axudas de preto de 2.000 euros en total, unha para a adquisición de novidades editoriais en galego en formato físico, de case 400 €, e outra de 780 € para a mellora das súas coleccións bibliográficas. Belén do Campo tamén destacou outro apoio de máis de 800 euros destinado á realización de actividades de dinamización da lectura.
A delegada, que estivo acompañada polo alcalde, Javier Domínguez; o director territorial da Consellería de Cultura, Severino Álvarez; e concelleiros, sinalou que na provincia da Coruña recibiron estas achegas 22 concellos por valor de máis de 201.000 euros. En Galicia se melloraron 44 infraestruturas, cun orzamento de 500.000 € destinado a actuar en bibliotecas, arquivos e locais culturais.
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- De la verbena gallega al Benidorm Fest: un joven de Carballo quiere «mostrar el talento que hay en Galicia»
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- El Sar se desborda en Bertamiráns y a la crecida del Tambre y Gallo se unen la del Cambeda, Bermaña y Xundarama
- Fallece a los cien años el empresario pobrense Severino Escurís Batalla
- El mal tiempo impide acabar la autovía Santiago-Lugo en plazo: 'Llevamos treinta y pico días sin dejar de llover