O xornalista Armando Requeixo gaña o 'Álvaro Cunqueiro' cun artigo publicado nun diario do grupo Prensa Ibérica
O xurado distinguiu o seu traballo sobre o autor de Mondoñedo como gastrónomo

Armando Requeixo / Marta G. Brea
Xan Salgueiro
O xornalista, crítico literario e investigador Armando Requeixo Cuba foi o gañador do XXXII Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro polo artigo O contemplador de estrelas. Álvaro Cunqueiro, gastrónomo, publicado no suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo (do mesmo grupo editorial que EL CORREO GALLEGO) o 18 de decembro de 2025 O galardón, dotado con 4.000 euros, seralle entregado o 31 de xaneiro durante a Gala da Gastronomía de Galicia.
O xurado concedeu o galardón por unanimidade, destacando a alta calidade literaria do texto, así como a súa capacidade para afondar con rigor e sensibilidade na figura de Álvaro Cunqueiro, poñendo en valor a súa faceta como gastrónomo e a súa estreita relación coa identidade culinaria e cultural de Lalín. O traballo propón un percorrido pola obra do autor mindoniense desde unha perspectiva xornalística e ensaística que combina divulgación, análise literaria e memoria gastronómica.
O premio está convocado polo Concello de Lalín, en colaboración coas asociacións gastronómicas galegas, e consolidouse ao longo das súas trinta e dúas edicións como unha das principais distincións do xornalismo gastronómico a nivel estatal. Na mesma sesión, celebrada no Concello de Lalín, o xurado acordou conceder o Premio ao Mellor Traballo Académico, dotado con 1.000 euros, ao estudo Masa e zaragallada, realizado por Antón López Eiroa, Javier González Rodríguez e Abraham Rodríguez Santamaría, polo seu destacado labor xornalístico, así como polo coidado tratamento gráfico e polo desenvolvemento da reportaxe multimedia.

Reunión do xurado do XXXII Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro / Cedida
O xurado do XXXII Premio Nacional Álvaro Cunqueiro estivo presidido por José Crespo Iglesias, alcalde de Lalín, e contou como vogais con Martín Fernández Vizoso, directivo da Asociación de Periodistas de Galicia; os xornalistas Alberto Barciela Castro e Xosé Ramón Pousa Estévez; Belén Xestal Ares, comunicadora; María José Imia Vázquez, representante de Turismo de Galicia; Alba Silva Rodríguez, vicedecana da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC; e Begoña Blanco Blanco, concelleira de Turismo de Lalín. A secretaría do xurado correu a cargo de Inmaculada Vilariño Vázquez, do gabinete de comunicación do Concello de Lalín.
Un dos críticos literarios galegos más recoñecidos
Armando Requeixo, doutor en Filoloxía, é un dos críticos literarios galegos máis recoñecidos da actualidade. Desenvolveu unha ampla traxectoria como investigador, ensaísta e divulgador cultural, con especial atención á literatura galega contemporánea e, moi particularmente, á obra de Álvaro Cunqueiro, sobre a que publicou numerosos estudos e artigos ao longo da súa carreira.
Fuente: Faro de Vigo
- Detenido un lucense tras atropellar intencionadamente a un vecino de Bertamiráns que falleció horas después
- La política gallega, 'cerrada por vacaciones': de la ruta en moto por Portugal de Rueda a los días de Pontón en A Illa de Arousa y de Besteiro en A Mariña
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”
- Bamio despide mañana a la concejala Ana Castro, fallecida en Padrón a los 50 años
- Detenidos los miembros de una banda que robaba a personas mayores en aparcamientos de Ames con el método de 'la siembra
- Augusto Pérez Alberti, el catedrático jubilado de la USC que a los 78 años defendió su segunda tesis doctoral para seguir aprendiendo: 'Investigar es mi hobby
- La Guardia Civil investiga como asesinato el atropello intencionado de Bertamiráns al apreciar indicios de alevosía
- Retorno a las raíces para desconectar de Raxoi