Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

As mellores regueifas en formato vídeo entre Carballo e Pontevedra teñen premio

Tamén participa Santiago, Teo, Ames e Arzúa

A gala de entrega de galardóns será o 16 de abril

Un obradoiro de Enreguéifate previo á celebración do certame

Un obradoiro de Enreguéifate previo á celebración do certame / Enreguéifate

Arzúa

Os participantes no certame de regueifas en vídeo do Enreguéifate teñen ata o 6 de marzo pra remitir as súas propostas, a través da web www.enregueifate.gal. Este proxecto, impulsado polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Arzúa, Carballo, Pontevedra, Santiago e Teo, está centrado na divulgación e posta en valor da improvisación oral en verso en lingua galega.

Nestes concellos desenvolvéranse medio cento de obradoiros previos. Para participar é preciso enviar un ou máis vídeos cunha duración máxima de tres minutos, nos que aparezan cando menos dúas persoas regueifando sobre un tema libre.

Doutro universo

Baixo o lema 'Versos doutro universo', a novena edición do certame contará novamente con dúas categorías: unha xeral, para calquera persoa interesada, e outra escolar, dirixida ao alumnado dos centros educativos galegos non universitarios. Como en edicións anteriores, en cada categoría outorgaranse oito regueipremios, que recoñecerán a regueifa máis brava, máis aguda, máis diversa, máis reivindicativa, mellor cantada, mellor falada, máis inclusiva e máis entroideira. A entrega será o 16 de abril no Teatro Principal de Pontevedra.

Tracking Pixel Contents