Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

VISITA

Mozos de Venecia, Xeorxia, Laracha, Rois e Tordoia no Parlamento galego

Participan nun programa europeo para fortalecer os valores da UE

O alcalde larachés e a concelleira cos mozos no Parlamento de Galicia.

O alcalde larachés e a concelleira cos mozos no Parlamento de Galicia. / C. Laracha

A Laracha

O Concello da Laracha continúa apostando polo desenvolvemento de programas de mobilidade xuvenil que abren á mocidade novas oportunidades para aprender, compartir experiencias e fortalecer os valores comúns da Unión Europea (UE).

Nestes días estase desenvolvendo a segunda fase do intercambio a través do que mozos laracheses estiveron no pasado verán en Venecia e Xeorxia. Agora visitan Galicia os alumnos de Il Polo Tecnico Profesionale de Venezia Vendramin Corner e do Centro de Lengua y Cultura Española Abanico de Tiflis.

Este martes, acompañados polo alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e da concelleira delegada de Sanidade, Servizos Sociais, Igualdade, Emprego e Promoción Económica, Rocío López, visitaron o Parlamento de Galicia cun percorrido guiado polas diferentes estancias.

Ademais, un deputado do grupo popular recibiunos no hemiciclo e explicoulles o funcionamento da Cámara autonómica e o papel das institucións galegas.

Recepción oficial

A programación continuará nos vindeiros días. O xoves está prevista a recepción oficial da expedición no Concello da Laracha, incluíndo unha visita á vila de Caión.

Neste programa europeo, que está liderado polo Concello da Laracha, tamén participan os municipios de Rois e de Tordoia.

Tracking Pixel Contents