CULTURA
Exposicións, artes escénicas, música, divulgación e tradición en Cee
Hoxe inaugurase a mostra do Premio Internacional Jesús Núñez

O dúo Unto Vello ofrecerá un concerto en Cee o 7 de febreiro. / Cedida
O Concello de Cee ofrece unha ampla e diversa programación cultural para os meses de xaneiro a maio. Exposicións internacionais, artes escénicas, música, divulgación, tradición popular e actividades educativas conforman unha axenda pensada para todos os públicos.
Do 14 de xaneiro ao 1 de febreiro pode visitarse na Casa da Cultura a XIX Exposición do Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica, que estará aberta ao público de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.
A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) impartirá o día 23 unha charla divulgativa sobre alimentación e nutrición e o 27 de xaneiro impartirase un obradoiro gratuíto de gravado para maiores de 12 anos.
Xa en febreiro, o día 7, Unto Vello ofrecerá un concerto no Auditorio Baldomero Cores, e a partir do día 14, e durante un mes, poderá contemplarse a exposición fotográfica Luz de outono na Costa da Morte, de Enrique “Quique” García. O día 17 impartirase un obradoiro infantil de Entroido e o día 21 celebrarase o tradicional Concurso de Entroido.
Narración oral
Unha sesión de narración oral dedicada a Rosalía de Castro o día 25 e o espectáculo de maxia Degustación de imposibles, con Joshua Kenneth o día 28 pecharán o mes de febreiro.
En marzo chegarán O Chou, de Sobria y Serena (día 7); a presentación do libro Arsinoe reina de Alejandría, de Nieves García Centeno (día 14); Artur ui, o ovo da serpe, de Talía Teatro (día 21); a XIX Exposición do Premio Internacional Luís Ksado de Fotografía (do 26 de marzo ao 19 de abril); o espectáculo familiar El Professor Bromera, de MeLaBuffa (día 28), e obradoiros de robótica educativa MicroBit (do 30 de marzo ao 6 de abril).
A programación de abril comezará co espectáculo de maxia Imposible?, do Mago Rafa (día 4), e continuará con Dous rombos. Pasa para a cama!, de Sergio Alba (día 11); a función escolar En carne viva, de Bengala Teatro Físico (día 14); A libraría máxica, de Inventi Teatro (día 25); un obradoiro de lettering con Brush Pen (día 27).
Día da Muiñeira
Xa en maio, o día 1, terá lugar o XXXVIII Día da Muiñeira, e o 8 de maio chega Amoriños, con Xosé Antonio Touriñán e David Perdomo. O día 15 celebrarase unha actividade dedicada a Begoña Caamaño (Letras Galegas 2026) e o 16 un concerto especial da Banda de Música de Cee.
A programación pecharase o día 23 de maio con Os vellos non deben de namorarse, de Castelao, por Silvardeiras Teatro.
A alcaldesa, Margarita Lamela, asegura que "a través dunha oferta estable, plural e accesible, Cee consolídase como un espazo de creación, exhibición e participación cultural ao longo de máis de cinco meses consecutivos con máis de 25 actividades ou actos, faltando por pechar a programación de 8 marzo".
Con esta programación continuada, engade, o Concello de Cee "reafirma a súa aposta pola cultura como eixo estratéxico do municipio, promovendo o acceso á creación artística, fortalecendo a identidade cultural e consolidando a vila como un referente estable no panorama cultural galego".
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a evacuar el edificio: "Se originó en la azotea"
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- Buscan a un vecino de Carballo que está desaparecido desde el viernes
- Las listas de espera de los talleres de coches en Santiago: 'Ahora mismo estamos desbordados
- Despliegue de la Guardia Civil en Teo por un presunto caso de evasión de impuestos
- Menú de 8 euros y ambiente futbolero: así es el bar de Santiago que triunfa entre los estudiantes
- La rotura de una tubería en el centro de Santiago inunda un garaje y varios comercios: 'Había gran cantidad de agua en la tienda