Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

NÁUTICA

Impulsan un programa de vela infantil en Corcubión

O Club Marítimo Carrumeiro formará 20 nenos e mozos

Escolares navegando a vela por la ría de Corcubión.

Escolares navegando a vela por la ría de Corcubión. / C. Carrumeiro

Corcubión

O Club Marítimo Carrumeiro, a través da Escola de Vela Cataventos, de Corcubión, no seu afán de continuar coa promoción, a práctica e consolidación de actividades náuticas entre os nenos e nenas da Costa da Morte, impulsará un novo programa de vela infantil.

As actividades desenvolveranse nos meses de inverno e primavera. O Club Marítimo Carrumeiro conta co apoio da Deputación da Coruña, e subvenciona 20 prazas, «un número moi operativo para navegar», segundo subliñan dende a entidade que preside Félix Quinteiro Álvarez.

Cartel promocional do Programa de Vela Infantil.

Cartel promocional do Programa de Vela Infantil. / Cedida

O programa de formación desenvolverase durante cinco meses repartidos en dous bloques. A promoción de inverno corresponderá ao mes de febreiro e a de primavera a marzo, abril, maio e xuño.

A iniciativa está dirixida a nenos, nenas e mozos de idades comprendidas entre os 7 e os 17 anos. Está previsto que o plan formativo comece o 7 de febreiro, e as clases impartiranse os sábados, de 10.00 a 14.00 horas. A data de remate será o 27 de xuño.

As familias interesadas en achegar aos seus fillos ao mundo da náutica poden facer as reservas de prazas chamando ao número de teléfono 666 369324.

Dende hai varios anos, a Escola de Vela Cataventos vén coordinando tamén o programa O mar na escola, unha iniciativa supramunicipal que permitiu a centos de nenos e nenas achegarse á náutica deportiva a través da vela, e tamén adquirir diversos coñecementos sobre o medio mariño.

Tracking Pixel Contents